Zoran Erceg, nado o 11 de xaneiro de 1985 en Pakrac, na actual Croacia, é un ex xogador profesional de baloncesto internacional serbio. Cunha altura de 2,11 m, xogaba na posición de ala-pivote.

Traxectoria En xuño de 2008, Erceg asinou un contrato de 5 anos co Olympiacos BC grego. En decembro de 2009 foi cedido ata final de tempada ó Panionios BC.

En agosto de 2011, fichou por unha tempada co Beşiktaş turco.

O 29 de xuño de 2012, Erceg asinou un contrato de tres tempadas co PBC CSKA Moscova ruso, co que gañou a liga rusa e a VTB United League en 2013.

Tras un ano no CSKA, Erceg decidiu deixar o equipo ruso para fichar por dous anos co Galatasaray SK en xullo de 2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Eurobasket.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no condado de Požega-Eslavonia Categoría:Serbios de Croacia Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Borac Čačak Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do Panionios BC Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK (baloncesto) Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)