Dragon Age: Origins é un videoxogo de rol desenvolvido por BioWare e publicado por Electronic Arts. É o primeiro xogo da franquía Dragon Age, e estreouse para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360 en novembro de 2009, e para Mac OS X en decembro de 2009. Ambientado no reino ficticio de Ferelden durante un período de conflito civil, o xogo pon ó xogador no papel dun guerreiro, un feiticeiro ou pícaro, podendo escoller entre tres razas, humano, elfo ou anano. O personaxe do xogador é recrutado no grupo Grey Wardens, unha antiga orde que se enfronta ás forzas bestiais de "Darkspawn", e cuxo obxectivo é derrotar a Archdemon e rematar coa invasión. O xogo conta con dúas perspectivas de cámara diferentes, en terceira persoa e isométrica. Ó longo do mesmo, o xogador encontrará varios compañeiros, que terán un papel importante no argumento e no modo de xogo.

BioWare describiu Dragon Age: Origins como unha "escura fantasía heroica" ambientada nun mundo único, e un sucesor espiritual de título anteriores como as franquías de Baldur's Gate e Neverwinter Nights. A súa ambientados está inspirada en obras como O Señor dos Aneis e A Song of Ice and Fire, e foi descrito por BioWare como unha mestura entre a alta e a baixa fantasía. O desenvolvemento do xogo comezou en 2002 e BioWare empregou máis de 144 actores de voz, contando con Inon Zur como compositor da música do xogo. O desenvolvemento das versións para consolas foi subcontratado a Edge of Reality.

Origins recibiu a aclamación da crítica logo da súa estrea, que eloxiou especialmente a súa historia, ambientación, personaxes, música e sistema de combate. Vendeu máis de 3,2 millóns de copias e 1 millón de unidades de contido descargable. Os seus múltiples inclúen o varios como mellor xogo do ano e mellor xogo de rol de diversas publicacións. BioWare lanzou varios contido descargable despois do lanzamento inicial do xogo, unha expansión titulada Awakening en marzo de 2010, e dúas secuelas, Dragon Age II e Dragon Age: Inquisition, estreadas en 2011 e 2014 respectivamente.

Véxase tamén Bibliografía Jørgensen, Kristine Game Characters as Narrative Devices. A Comparative Analysis of Dragon Age: Origins and Mass Effect 2, Eludamos: Journal for Computer Game Culture, Volume 4, No 2, 2010 Ligazóns externas

Categoría:Videoxogos de 2009 Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos de BioWare Categoría:Videoxogos de rol de acción Categoría:Videoxogos con banda sonora de Inon Zur