Gato Studio ou Gato Salvaje Studio é unha empresa galega fundada no ano 2010 na Coruña e dedicada ao desenvolvemento de videoxogos. O seu director é Sergio Prieto. Os primeiro videoxogos desenvolvidos foron as aventuras gráficas AR-K: Point and Click Adventure (2014) e AR-K: The Great Escape (2015), seguidas polo videoxogo de acción e plataformas Bullshot (2016). The Waylanders, un videoxogo de rol que se lanzou no verán de 2020, está baseado nas lendas galegas e na mitoloxía celta e cuxa acción está ambientada en dous momentos temporais: o período celta e a Idade Media, nos inicios do Camiño de Santiago, e será posible que o personaxe principal viaxe no tempo entre os dous períodos.

Xogos AR-K: Point and Click Adventure (2014) AR-K: The Great Escape (2015) Bullshot (2016) ''The Waylanders (2020)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Gato Studio

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Compañías de videoxogos