O Rally Rías Baixas de 1991 foi a 27ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse o 28 de xullo de 1991 e o vencedor foi Juan Carlos González "Culebra", a bordo dun BMW M3.
Resumo "Culebra" presentouse no rally da súa cidade cun novo BMW M3, adquirido a Pep Bassas ao igual que o vehículo do mesmo modelo co que quedara segundo na edición anterior, e cos que o piloto catalán correra o Campionato de España. O M3 que usara na edición anterior foi utilizado nesta ocasión polo tamén vigués Urbano Villanueva. "Culebra" marcou o mellor tempo en sete dos oito treitos diúrnos, pero sufriu unha penalización de 4 minutos en Gondomar que o apeou do primeiro posto. Con todo, puxo unha reclamación ante a organización do rally, que tras avaliar a situación, retirou a penalización. Os principais rivais de Culebra durante o rally foron o berciano Antonio Garrido (Ford Sierra Cosworth), que rematou finalmente segundo, Urbano Villanueva e Arturo Rial (Citroën AX Sport), estes dous últimos con cadansúa penalización tamén. Rial foi o máis rápido nas dúas pasadas por Salceda e o segundo máis rápido nas tres pasadas por Camos e unha por Chenlo, polo que a pesar dos catro minutos de penalización, puido rematar sétimo.
O rally estivo marcado polo grave accidente e posterior incendio sufrido polo Ford Sierra Cosworth pilotado polo vixente campión galego, así como vencedor do rally o ano anterior, Germán Castrillón. O vehículo quedou totalmente calcinado e a copiloto, Estrella Castrillón, sufriu importantes queimaduras de segundo e terceiro grao en cara, pés e mans, polas que foi ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Ditas queimaduras mantivérona apartada da competición cinco meses, ata a súa reaparición no Rally de Ferrol. Tamén sufriron queimaduras dous espectadores que acudiron a socorrela.
Dos 63 vehículos que tomaron a saída, só 31 chegaron á meta.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Juan Carlos González "Culebra" Gustavo PiñeiroBMW M31h20'55''2 Antonio Garrido Humberto GonzálezFord Sierra RS Cosworth1h24'00''3 Urbano Villanueva José AlonsoBMW M31h24'55''4 Jorge Pérez Luis PérezRenault Clio 16v1h26'03''5 Juan Carlos Táboas Manuel GilsanzCitroën AX Sport1h26'09''6 Carlos Totoricagüena Heriberto RodríguezMercedes-Benz 190E 2.3 16v1h26'38''7 Arturo Rial Mario PazosCitroën AX Sport1h26'54''8 José Manuel López Parada José ValcárcelRenault 5 GT Turbo1h27'56''9 Javier Piñeiro Carlos CascallarRenault Clio 16v1h28'04''10 Laurent Galiay Thierry GaliayRenault 5 GT Turbo1h29'05''Abandonos- Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra RS Cosworth-
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Rally Rías Baixas 1991 en ewrc.com .
Categoría:Rally Rías Baixas Categoría:Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally