Ogú y Mampato en Rapa Nui é un filme chileno de animación de 2002 creado por Cine Animadores e producido por Estudios Elásticos. Malia que non é o primeiro filme de animación creado en Chile, sendo o segundo após La Trasmisión del Mando Presidencial de 1921, é considerado o primeiro filme moderno de animación. O filme baséase no personaxe de banda deseñada Mampato creado en 1971 para a revista do mesmo nome de Themo Lobos e Eduardo Armstrong. Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Marina Huerta como Mampato Maynardo Zavala como Ogú Alondra Hidalgo como Marama Octavio Rojas como Toki Benjamín Rivera como Juke Miguel Ángel Ghigliazza como Grande Ariki Mario Castañeda como pai de Mampato

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes ambientados na Illa de Pascua