Esteban Yánez Pazos, nado en Ferrol en 1984 e finado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 2020, foi un actor, músico e blogueiro galego.
Traxectoria Na súa adolescencia, participou no programa infantil e xuvenil da TVG Xabarín Club como "Arroz Hacker". Tamén foi actor na serie da televisión autonómica galega Pratos combinados.
Con 18 anos comezou a súa traxectoria no mundo dos blogs con “Soy un snob neurótico” na plataforma Blogspot. En 2004 abriu a bitácora “Imbéciles e escuros”. Tamén abriu blogs en Blogaliza e Tumblr. Entre os seus proxectos musicais estivo Os Megaloves, dúo que uniu a Yánez, co seu alcume Snob Megalove, e Vil Megalove. En 2009 comezou o podcast “Amor en bruto”, e como DJ Pezuñitas facía seleccións musicais en Last.fm e Spotify. Era membro do comité de redacción da revista Luzes, e entre as numerosas iniciativas nas que participaba estaba a Comisión de Historia da Gentalha do Pichel. Nos últimos anos estivo activo na rede social Twitter como @Snob.
Finou o 21 de abril de 2020 no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela vítima da COVID-19 aos 35 anos.
Notas
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Actores de Ferrol Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Blogueiros Categoría:Finados pola COVID-19 en España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes