Daði Freyr Pétursson, nado en Reiquiavik o 30 de xuño de 1992, e coñecido artisticamente como Daði Freyr ou soamente Daði, é un músico islandés. É coñecido por representar a Islandia no Festival de Eurovisión coa canción "Think About Things", antes de que o Festival de Eurovisión 2020 fose cancelado. O ano seguinte volveu representar a Islandia coa canción "10 Years", acadando o cuarto posto.
Traxectoria Daði naceu en Reiquiavik mais medrou en Dinamarca até os nove anos, cando a súa familia regresou a Islandia e se asentou en Suðurland, primeiro en Laugaland e despois en Ásahreppur. Daði graduouse no Fjölbrautaskóli Suðurlands en 2012 e conseguiu un BA en Music Management e Produción de Son en Berlín en 2017.
Na súa adolescencia, Daði tocou a batería e estudou piano e baixo. Foi membro de RetRoBot, uníndose ó cantante Gunnlaugur Bjarnason e ó guitarrista Guðmundur Einar Vilbergsson, ós cales coñeceu no Instituto Multicultural de Suðurlands. En 2012, a banda RetRoBot gañou o Músíktilraunir ("Experimentos Musicais") e Daði foi escollido como músico electrónico do ano. RetRoBot lanzou un álbum, Blackout, un ano despois.
Söngvakeppnin e Eurovisión En 2017, Daði participou en Söngvakeppnin (competindo para representar a Islandia no Festival de Eurovisión de 2017) coa canción "Hvað með það?". Quedou en segundo lugar, despois de Svala Björgvinsdóttir que interpretou a canción "Paper". Daði participou no Söngvakeppnin de 2020, coa canción "Think About Things" (a versión alternativa en islandés titulouse "Gagnamagnið"). Participou cun grupo de amigos nos que están a súa irmá Sigrún Birna Pétursdóttir (coros), a súa muller Árný Fjóla Ásmundsdóttir (baile), e Hulda Kristín Kolbrúnardóttir (coros), Stefán Hannesson (baile) e Jóhann Sigurður Jóhannsson (baile), acreditados colectivamente como "Daði og Gagnamagnið". O grupo caracterízase polos seus traxes de cor verde e polo pixel art nas interpretacións. Gañou a competición de 2020 e ían representar a Islandia no Festival de Eurovisión 2020, mais o evento foi cancelado por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020. O 23 de outubro de 2020, anunciouse que Daði & Gagnamagnið serían de novo os representantes de Islandia no Festival de Eurovisión 2021. Interpretaron a canción "10 Years", pero durante a súa semifinal e na final emitiuse unha actuación pregravada do segundo ensaio, debido a que un membro do grupo deu positivo por COVID-19. Despois de clasificarse para a final, quedaron cuartos con 378 puntos.
Vida persoal Daði Freyr casou coa músico Árný Fjóla Ásmundsdóttir; a súa filla Áróra, naceu en 2019. A súa filla foi a inspiración para letra da canción "Think About Things". A segunda filla da parella, Kría Sif, naceu en 2021.
Discografía Álbums de estudio Título Detalles Posición nas listas SCO UKIndie & Co. Estrea: 12 de xuño de 2019 Formato: CD, digital download, streaming Selo: Samlist ehf — — I Made an Album Estrea: 25 de agosto de 2023 Formato: CD, LP, descarga dixital, streaming Selo: AWAL 38 10 Too Much Not Enough Estrea: 8 de maio de 2026 Format: CD, LP, descarga dixital, streaming Selo: Samlist — — "—" indica un álbum que non entrou nas listas ou non foi lanzado nese territorio.
EPs Título Detalles Næsta Skref Estrea: 26 de outubro de 2017 Formato: Descarga dixital, CD Selo: Autoproducido
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Representantes de Islandia en Eurovisión Categoría:Músicos de Islandia