Gloria é un filme chileno-español de 2013 dirixido por Sebastián Lelio. O filme estreouse na 63ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde Paulina García gañou o Oso de Prata á mellor actriz. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto. O filme foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Gañou o premio ó mellor filme iberoamericano nos Premios Platino. Sebastián Lelio refixo Gloria en 2018 como Gloria Bell, protagonizado por Julianne Moore e John Turturro.

Personaxes Paulina García como Gloria Cumplido Sergio Hernández como Rodolfo Fernández Diego Fontecilla como Pedro Fabiola Zamora como Ana Alejandro Goic como Daniel Coca Guazzini como Luz Hugo Moraga como Hugo Luz Jiménez como Victoria Cristián Carvajal como Veciño Liliana García como Flavia Antonia Santa María como María Eyal Meyer como Theo Marcial Tagle como Marcial Marcela Said como Marcela Pablo Krögh como Pablo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Sebastián Lelio