A lectura fácil é a adaptación que permite unha lectura e unha comprensión máis sinxela dun contido. Non só abarca o texto, senón tamén se refire ás ilustracións e á maquetaxe. Considérase tamén lectura fácil o método polo cal se fan máis comprensíbeis os textos para todos, eliminando barreiras para a comprensión, a aprendizaxe e a participación.

Enténdese a lectura fácil como unha tecnoloxía de apoio que, ao favorecer a accesibilidade, favorece tamén a democracia. É dicir, facilitar o acceso á información con tecnoloxías como esta non só é un dereito, senón que permite o exercicio doutros dereitos, como o de participación ou poder desenvolverse de forma autónoma na contorna.

Lexislación Existe lexislación e regulacións que realizan de forma directa ou indirecta mención á lectura fácil. A mención indirecta promove o dereito a acceder á información e cultura de forma xenérica e a lectura fácil considérase un método, aínda que non o único, de promover ese acceso.

Na lexislación internacional, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos realiza mención indirecta en dous artigos:

Artigo 22. Sobre os dereitos económicos, sociais e culturais Artigo 27. Sobre o dereito a participar na vida cultural, gozar das artes e tomar parte no progreso científico

A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de 2006:

Artigo 2. A comunicación incluirá as linguaxes, a visualización dos textos, o braille, a comunicación táctil, os macrotipos, os dispositivos multimedia de fácil acceso, así como a linguaxe escrita, os sistemas auditivos, a linguaxe sinxela... Artigo 9. Accesibilidade. Os Estados Partes adoptarán medidas pertinentes para asegurar o acceso das persoas con discapacidade, en igualdade de condicións coas demais, á contorna física, ao transporte, á información e ás comunicacións... (...) Dotar os edificios e outras instalacións abertas ao público de sinalización en braille e formatos de fácil lectura e comprensión Artigo 21. Sobre a liberdade de expresión e de opinión e acceso á información. Débense facilitar contidos en formatos accesíbeis, incluíndo medios de comunicación e entidades privadas que presten servizos ao público Artigo 30. Participación na vida cultural, lecer e deporte. Menciónase o acceso a material cultural en formatos accesíbeis

As "Normas uniformes sobre a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade" da Organización de Nacións Unidas recollen en 1993:

Artigo 5. Acceso á información e á comunicación. As persoas con discapacidade (...) deben ter acceso en todas as etapas a unha información completa sobre o diagnóstico, os dereitos e os servizos e programas dispoñíbeis. Esa información debe presentarse en forma que resulte accesíbel para as persoas con discapacidade. (...) Os Estados deben elaborar estratexias para que os servizos de información e documentación sexan accesíbeis a diferentes grupos de persoas con discapacidade. (...) Os Estados deben estimular os medios de información (...) a que fagan accesíbeis os seus servizos

En España A Constitución Española de 1978 recolle:

Artigo 44. Os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura, á que todos teñen dereito.

Outra lexislación española que promove directa ou indirectamente a lectura fácil é a seguinte:

Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade: Artigo 10. Condicións básicas de accesibilidade e non discriminación Real decreto 366/2007, de 16 de marzo, polo que se estabelecen as condicións de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade nas súas relacións coa Administración Xeral do Estado: Artigo 7. Sinalización interior accesíbel Artigo 9. Sistemas interactivos de información Artigo 13. Accesibilidade do contido e estrutura de comentarios e impresos Orde PRE/446/2008, de 20 de febreiro, pola que se determinan as especificacións e características técnicas das condicións e criterios de accesibilidade e non discriminación estabelecidos no Real decreto 366/2007, de 16 de marzo: Artigo 6. Condicións de accesibilidade de documentos e impresos en soporte papel Real decreto 1544/2007, de 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade Anexo IX. Medidas transversais Real decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social Artigo 5. Criterios de accesibilidade aplicábeis ás páxinas de Internet das administracións públicas ou con financiamento público Lei 10/2007, de 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas Disposición adicional terceira. Do acceso á lectura, o libro e ás bibliotecas das persoas con discapacidade

Niveis A lectura fácil non dispón dun estándar fixo, senón que se propón a existencia de varios niveis de adaptación. É dicir, é imposíbel redactar e presentar un contido que se adapte a todas as capacidades de comprensión ou a todas as persoas con problemas de lectura e escritura.

A seguinte é a proposta de niveis da Associació de Lectura Fàcil de Cataluña:

Nivel 1. É o máis sinxelo. Nel abundan as ilustracións e o texto é menor. Ademais, o texto carece de complexidade sintáctica e lingüística Nivel 2. Inclúe vocabulario e expresións da vida cotiá, accións fáciles de seguir e ilustracións Nivel 3. É o máis complexo. O texto é máis extenso. Inclúe palabras pouco usuais e ás veces con sentido figurado. Pode presentar saltos espazo-temporais e escasas ilustracións

Persoas ás que pode beneficiar Considérase que as medidas de accesibilidade benefician á poboación en xeral, pero cada apoio pode beneficiar a colectivos específicos de forma especial. No caso da lectura fácil, os colectivos son moi diversos:

Persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Calcúlase que o 1,5% da poboación en países desenvolvidos, e o 3% en países menos avanzados, ten algunha discapacidade intelectual Persoas con enfermidades e trastornos mentais e do comportamento. Por exemplo, persoas con demencia que implique deterioración da memoria e facultades como a linguaxe falada e escrita, persoas con dislexia, afasia ou disfasia Persoas con dificultades do desenvolvemento da linguaxe por discapacidade auditiva. Por exemplo, persoas que perderon o oído antes de aprender a falar e, debido a isto, teñen dificultades no desenvolvemento da linguaxe Persoas con baixo nivel de alfabetización ou cultura limitada Persoas inmigrantes que non falan o idioma do lugar onde migraron Nenas e nenos que, pola súa idade, aínda están en proceso de aprendizaxe e non acceden a moitos contidos debido á súa complexidade Persoas que traballan coas persoas que se benefician da lectura fácil, é dicir, profesionais dos coidados, docentes, logopedas etc.

Pautas de lectura fácil dereita|miniatura|Logotipo europeo de lectura fácil. Existen sobre todo dous documentos populares de pautas. O primeiro foi publicado pola IFLA, a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas. O seguinte foi elaborado por varias organizacións de Inclusion Europe, a alianza europea de organizacións que traballan polos dereitos das persoas con discapacidade. O seu título é Información para todos .

As pautas de lectura fácil poden relacionarse coa ortografía, gramática, léxico, estilo, deseño e maquetaxe, imaxes, impresión etc. Tamén existen pautas e recomendacións específicas para textos literarios ou científicos, por exemplo.

Algúns exemplos de pautas e recomendacións habituais son:

Utilizar frases simples, curtas e cunha estrutura habitual: suxeito máis verbo máis complementos Utilizar imaxes sinxelas e pictogramas de apoio ao texto, que teñan unha relación clara, situadas á esquerda de cada idea Cada frase debe ocupar unha liña. Se non é posible, a frase cortarase por elementos naturais e disporase en varias liñas Evitar oracións impersoais e pasivas reflexas Evitar o subxuntivo ou a voz pasiva Evitar signos ortográficos pouco habituais (%, &, / ...) Evitar abreviaturas, acrónimos e siglas Utilizar vocábulos de uso cotián e evitar tecnicismos Utilizar palabras con significado preciso e reiterar os termos Seleccionar as ideas principais Redactar en modo directo Non dar coñecementos previos por asumidos Evitar deseños cargados e en columnas

Exemplos de lectura fácil miniatura|300px|Esta mariña de Ovidio Murguía empregouse no ano 2025 para ilustrar a portada dunha edición en galego, en versión de lectura fácil, da novela A filla do mar de Rosalía de Castro.A filla do mar Editorial La mar de fácil. O primeiro libro creado co método de lectura fácil publicouse en 1968 en Suecia a través do Centro de Lectura Fácil creado ese mesmo ano a instancias da Axencia Sueca de Educación.

En 1984 naceu o primeiro xornal en lectura fácil, titulado "8 páxinas", tamén en Suecia.

A primeira sentenza xudicial en lectura fácil do mundo produciuse en México no ano 2013. O 16 de outubro, a Primeira Sala da Suprema Corte da Nación de México concedeu o amparo solicitado a un mozo de 25 anos diagnosticado con síndrome de Asperger.

En España, existen multitude de organizacións dedicadas a promover a lectura fácil e recursos. En 2015, Dilofácil, o Cooperativa Altavoz e Plena Inclusión presentaron unha versión da Constitución Española en lectura fácil.

Da mesma maneira, e para facilitar os trámites policiais e xudiciais, a Garda Civil dispón de dilixencias policiais (lectura de dereitos, ofrecemento de accións á vítima dun delito etc.) dispoñíbeis neste formato tanto por escrito, como en linguaxe de signos e audiovisual, así como dilixencias en braille.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Marques, S. (2010). Convenção das Nações Unidas sobre os Direitos das Pessoas com Deficiência - Agora fácil de ler e entender (versión en lectura fácil) (pt). Fenecerci.

Outros artigos Discapacidade Ligazóns externas Información para todos . Pautas europeas de lectura fácil. Pautas de lectura fácil da IFLA, a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas.

Categoría:Discapacidade Categoría:Educación especial