Rebelle é un filme canadense de 2012 escrito e dirixido por Kim Nguyen e protagonizado por Rachel Mwanza, Alain Lino Mic Eli Bastien e Serge Kanyinda. Conta historia dunha nena soldado que é obrigada a participar nunha guerra civil en África, e que é criada para converterse en bruxa. O filme era foi rodado principalmente na República Democrática do Congo, en francés e lingala.

Logo da súa estrea no Festival Internacional de Cinema de Berlín, o filme recibiu valoracións positivas da crítica. Gañou varios galardóns e foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 85ª edición dos premios.

Sinopse Durante unha guerra civil na África subsahariana, unha nena de doce anos chamada Komona é secuestrada polas forzas rebeldes para convertela nun soldado ás ordes dun señor da guerra coñecido como o Gran Tigre. Os rebeldes obrigan a Komona a matar os seus propios pais. Entón, é enviada a unha illa deserta con moitos outros nenos. Ensínanlles a empregar armas grandes e obríganos a ir á guerra cos rebeldes. Tras beber saiba comeza a experimentar ilusións. Cando as súas visións permiten que sobreviva a un ataque é considerada unha nena bruxa e o Gran Tigre vea como un recurso, que tamén intenta converter na súa concubina.

Personaxes Rachel Mwanza como Komona Alain Lino Mic Eli Bastien como Commandant-rebelle Serge Kanyinda como Magicien Mizinga Mwinga como Grand Tigre Royal Ralph Prosper como Boucher Jean Kabuya como School camp coach Jupiter Bokondji como Royal Tiger sorcerer Starlette Mathata como nai de Komona Alex Herabo como pai de Komona Dole Malalou como Coltan dealer Karim Bamaraki como Biker

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua lingala Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Kim Nguyen Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes rodados na República Democrática do Congo Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes de guerra