J'ai tué ma mère é un filme canadense de 2009 escrito e dirixido por Xavier Dolan. O filme atraeu a atención da prensa internacional cando gañou tres premios na sección Director's Fortnight no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2009."Québécois filmmaker electrifies Cannes" . The Globe and Mail, 25 de maio de 2009. Logo de ser proxectado no festival, o filme recibiu unha grande ovación en pé do público. Estreouse en 12 cinemas no Quebec e en 60 en Francia.

Sinopse Hubert é un adolescente de dezaseis anos que vive nun suburbio de Montreal coa súa nai, Chantale, que se divorciou do pai de Hubert, Richard, cando el era aínda un neno. O pai non participa na educación e Hubert explica que a nai casou e concibiuno porque iso é o que se espera en xeral das mulleres. Ao adolescente amólalle todo da súa nai, basicamente vea como unha persoa vulgar, inmatura e de mal gusto.

No colexio reciben a tarefa de entrevistar os pais para logo facer unha estatística sobre cuestións como a profesión dos proxenitores e os ingresos do fogar. Hubert séntese avergoñado e para evitar facer o traballo dille á profesora Julie Cloutier que a súa nai morreu. Máis tarde Cloutier descobre que iso non é certo e expresa esa mentira como "mataches a túa nai".

Personaxes Xavier Dolan como Hubert Minel Anne Dorval como Chantale Lemming Suzanne Clément como Julie Cloutier François Arnaud como Antonin Rimbaud Niels Schneider como Éric Patricia Tulasne como Hélène Rimbaud Pierre Chagnon como Richard Minel Monique Spaziani como Denise Benoît Gouin como director Nadeau

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Xavier Dolan Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Montreal Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Canadá