Incendies é un filme canadense de 2010 dirixido por Denis Villeneuve, quen tamén escribiu o guión xunto con Valérie Beaugrand-Champagne. É unha adaptación da obra homónima de Wajdi Mouawad e está protagonizado por Lubna Azabal, Mélissa Désormeaux-Poulin, Maxim Gaudette e Rémy Girard. Estreouse nos Festivais de Cinema de Venecia e Toronto en setembro de 2010 e no Quebec o 17 de setembro de 2010. Recibiu a aclamación da crítica no Canadá e conseguiu numerosos premios. No 2011, foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 83ª edición dos premios.
Sinopse Tralo falecemento de Nawal Marwan, unha inmigrante canadense, os seus dous fillos, Jeanne e Simon, reúnense co notario Jean Lebel, empregador da súa nai e amigo da famlia. O testamento de Nawal fai referencia a unha promesa incumprida, negándolle a ela unha lápida e un cadaleito a non ser que Jeanne e Simon rastrexen o seu misterioso irmán, do que descoñecían a súa existencia, e o seu pai, a quen crían morto.
Personaxes Lubna Azabal como Nawal Marwan Mélissa Désormeaux-Poulin como Jeanne Marwan Maxim Gaudette como Simon Marwan Rémy Girard como Jean Lebel Abdelghafour Elaaziz como Abou Tarek/Nihad "Nihad de Mai" Harmanni Allen Altman como Notary Maddad Mohamed Majd como Chamseddine Nabil Sawalha como Fahim Baya Belal como Maika Bader Alami como Nicolas Karim Babin como garda de Chamseddine Anthony Ecclissi como Lifeguard Joyce Raie como Student Journalist Yousef Shweihat como Sharif Celine Soulier como xornalista francés Mher Karakashian como asistente de Chamseddine
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Denis Villeneuve Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes rodados en Xordania Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Montreal