Chris Austin Hadfield, nado en Sarnia (Ontario), o 19 de agosto de 1959, é un astronauta canadense que formou parte das misións STS-100, STS-74 e Soiuz TMA-07M e participou na Expedición 34 e a Expedición 35 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Hadfield graduouse en enxeñería mecánica polo Real Colexio Militar de Kingston, Ontario, en 1982. Levou a cabo investigacións como posgraduado na Universidade de Waterloo tamén en 1982 e é máster en sistemas de aviación pola Universidade de Tennessee en 1992.

Foi seleccionado como astronauta pola Axencia Espacial Canadense en xuño de 1992, participando nas misións STS-100, STS-74 e Soiuz TMA-07M e sendo membro das expedicións 34 e 35 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 165,68 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-100 STS-74 Soiuz TMA-07M Expedición 34 Expedición 35

Categoría:Astronautas do Canadá Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Ontario