Neak sre (en ) é un filme camboxano de 1994 dirixido e coescrito por Rithy Panh. É unha adaptación da novela de 1966 Ranjau Sepanjang Jalan, da autora malaisia Shahnon Ahmad. A historia está ambientada no estado de Kedah en Malaisia, e conta a historia dunha familia rural na era dos khmer vermellos de Camboxa, que loita por conseguir unha colleita de arroz. Foi rodado na vila camboxana de Kamreang, nas áreas de Kien Svay e Boeung Thom da provincia de Kandal, preto de Phnom Penh, nas beiras do río Mekong. O elenco componse de actores profesionais e non profesionais.

O filme estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1994 e foi escollido como candidato para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 67ª edición dos premios, sendo a primeira vez na historia que Camboxa presentou un filme na categoría.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Personaxes Peng Phan como Om Mom Soth como Poeuv Chhim Naline como Sakha Va Simorn como Sokhoeun Sophy Sodany como Sokhon Muong Danyda como Sophon Pen Sopheary como Sophoeun Proum Mary como Sophat Sam Kourour acomo Sopheap

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Camboxa propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua khmer Categoría:Filmes de Camboxa Categoría:Filmes dirixidos por Rithy Panh