Antigone é un filme canadense de 2019 dirixido por Sophie Deraspe. É unha adaptación da obra grega Antígona de Sófocles, e conta a historia dunha familia de refuxiados en Montreal. Está protagonizado por Nahéma Ricci como Antígona, xunto con Rawad El-Zein, Hakim Brahimi, Rachida Oussaada, e Nour Belkhiria. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto e recibiu valoracións positivas por parte da crítica e gañou o premio ó mellor filme canadense. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Nahéma Ricci como Antigone Hipponome Rawad El-Zein como Polynice Hipponome Hakim Brahimi como Étéocle Hipponome Rachida Oussaada como Méni Hipponome Nour Belkhiria como Ismène Hipponome Antoine Desrochers como Hémon Paul Doucet como Christian

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Sophie Deraspe Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Montreal Categoría:Filmes sobre refuxiados