Linda Maxine Godwin, nada en Cape Girardeau (Missouri) o 2 de xullo de 1952, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-59, STS-37, STS-108 e STS-76.

Traxectoria Godwin graduouse en matemáticas e física pola Universidade do Sueste de Missouri en 1974 e é máster en ciencias e doutorada en física pola Universidade de Missouri en 1976 e 1980 respectivamente.

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en 1980. Participou nas misións STS-59, STS-37, STS-108 e STS-76, pasando un total de 38,26 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-59 STS-37 STS-108 STS-76

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Missouri