Urbano Augusto Tavares Rodrigues, nado en Lisboa o 6 de decembro de 1923 e finado no mesmo lugar o 9 agosto de 2013, foi un escritor e xornalista portugués.
É o grande escritor do Alentejo, das súas xentes e das súas paisaxes.
Traxectoria Urbano Tavares Rodrigues naceu na cidade de Lisboa, o 6 de decembro de 1923, fillo do escritor Urbano da Palma Rodrigues, dunha familia de grandes propietarios agrícolas. Pasou a infancia e a adolescencia na rexión do Alentejo, frecuentando a escola primaria en Moura. Estudou despois no Liceu de Camões, en Lisboa, co seu irmán Miguel Urbano Rodrigues. Tirou a licenciatura en filoloxía románica na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Aínda que fose educado nun ambiente católico tradicional, abandonou a relixión durante a súa adolescincia, por motivos morais.
Estivo casado con Maria Judite de Carvalho.
Carreira profesional e artística Exerceu como profesor, primeiro no Liceu de Camões e a partir de 1957 na Facultade de Letras, a convite de Vitorino Nemésio, onde ensinou Literatura Francesa e Portuguesa. O ano seguinte apoiou a candidatura de Humberto Delgado a presidente da república, sendo por ese motivo impedido de traballar como profesor en establecementos de ensino do estado. Estivo preso en Caxias, téndose despois exiliado en Francia. Na cidade de París, estivo con algunhas das figuras intelectuais máis marcantes dos anos 50, como Albert Camus, que o influenciaron no Existencialismo francés. Foi lector de portugués nas Universidades de Montpellier, Aix-en-Provence e Sorbonne, en París, entre 1949 e 1955.
No Regreso a Portugal, ensinou no Colexio Moderno e no Liceu Francés. Comezou igualmente a traballar en publicidade e no xornalismo, escribindo para os periódicos Artes e Letras, Jornal do Comércio, O Século e Diário de Lisboa, onde fixo crítica teatral, Bulletin des Études Portugaises, Colóquio-Letras, Jornal de Letras, Vértice e Nouvel Observateur. Ocupou igualmente a posición de director na revista Europa, e escribiu crónicas de viaxes de varias partes do mundo para o xornal Diário de Lisboa, que foron compiladas nos volumes Santiago de Compostela (1949), Jornadas no Oriente (1956) e Jornadas na Europa (1958).
Urbano Tavares Rodrigues foi un defensor dos ideais democráticos, sendo en gran parte influenciado polo seu pai, de índole republicana, que apoiou a candidatura de Manuel Teixeira Gomes á presidencia da República. Loitou contra o goberno ditatorial, enfrontándose á policía dúas veces, unha delas a mediados da década de 1960, contra a deportación dun amigo, ficando cun dos brazos fracturado. Foi atacado pola Policía Internacional e de Defensa do Estado desde a súa xuventude, chegando a ser prendido en 1963 e 1968. Era amigo de Mário Soares, conexión que esmoreceu coa integración de Urbano Tavares Rodrigues no Partido Comunista Portugués. Efectivamente, formou parte da dirección intelectual do partido, aínda que teña rexeitado utilizar as súas obras como un instrumento de propaganda, e teña fortemente criticado, en diversas ocasións, a liña estalinista. Autoclasificouse como un comunista heterodoxo, ideais que se reflectiron no seu estilo literario. Debido ás súas diferenzas culturais en relación á liña comunista, chegou a ter problemas dentro do partido, aínda que permanecese como militante. Segundo el mesmo, foi debido aos seus ideais políticos que nunca chegou a recibir o Premio Camões.
Urbano Tavares Rodrigues destacou igualmente como crítico literario e como escritor, publicando principalmente obras de novela, prosa poética, conto, poesía e ensaios. O seu primeiro libro foi a novela A Porta dos Límites, en 1952, que foi ben recibido pola crítica. A pesar dos problemas que afrontou durante a ditadura, aínda escribiu cerca de vinte obras de ficción durante ese período, tendo sido a última Estrada de Morrer, en 1972. Continuou a escribir tras a restauración da democracia en 1974, publicando cerca dun libro por ano até o seu falecemento, máis de corenta obras. Aínda en 1974 publicou a obra Dissolução. O seu último libro antes de falecer foi A Imensa Boca dessa Angústia e Outras Histórias, tendo a editora D. Quixote editado postumamente a súa obra Nenhuma Vida, e en 2007 iniciou a publicación das súas obras completas. Tamén apoiou as carreiras de varios escritores, tendo escrito prefacios ou feito presentacións públicas de diversas obras. Un dos seus poemas foi musicado polo cantante Adriano Correia de Oliveira.
Tras a Revolución de 25 de Abril de 1974, que restaurou a democracia en Portugal, Urbano Tavares Rodrigues retomou a súa carreira docente na Facultade de Letras, onde se doutorou en 1984 coa tese Manuel Teixeira Gomes: O Discurso do Desexo. Xubilouse en 1993 coa posición de profesor catedrático.
Foi director da extinta Sociedade Portuguesa de Autores e, en 1980, nomeado presidente da Associação Portuguesa de Escritores.
Estivo moi ligado ao Algarve, retratando a rexión en varias obras, sobre todo en Nunca diremos Quem Sois e Os Cadernos Secretos do Prior do Crato. Tamén participuou en diversas iniciativas no Algarve, incluíndo unha entrevista filmada co director do Museu do Traje de São Brás de Alportel sobre o profesor Estanco Louro.
Os seus últimos anos de vida, sufriu dunha insuficiencia cardíaca, que o deixou cada vez máis enfraquecido, aínda que continuase a súa carreira literaria. O 6 de agosto de 2013, foi internado no Hospital dos Capuchos, en Lisboa, onde faleceu tres días despois, aos 89 anos de idade. O corpo foi colocado en cámara ardente na sede da Sociedade Portuguesa de Autores, en Lisboa, tendo despois seguido para o Cemiterio do Alto de San João.
As súas obras foron traducidas a varios idiomas.
Obras Viaxes
1949 - Santiago de Compostela 1956 - Jornadas no oriente 1958 - Jornadas na Europa 1963 - De Florença a Nova Iorque 1973 - Viagem à União Soviética e outras páginas 1973 - Redescoberta da França 1976 - Registos de outono quente 1999 - Agosto no Cairo:1956
Ensaios
1950 - Manuel Teixeira Gomes 1954 - Présentation de Castro Alves 1958 - O tema da morte na moderna poesia portuguesa 1960; 1981 - O mito de don Juan 1960 - Teixeira Gomes e a reacção antinaturalista 1961 - Noites de teatro 1962; 2001 - O Algarve na obra de Teixeira Gomes 1964 - O romance francês contemporâneo 1966; 1978 - Realismo, arte de vanguarda e nova cultura 1966; 1978 - O tema da morte:ensaios 1968 - A saudade na poesia portuguesa 1969 - Escritos temporais 1971; 2001 - Ensaios de escreviver 1977 - Ensaios de após-Abril 1980 - O gosto de ler 1981 - Um novo olhar sobre o neo-realismo 1984 - Manuel Teixeira Gomes:o discurso do desejo 1993 - A horas e desoras 1994 - Tradição e ruptura 1995 - O homem sem Imagem 2001 - O texto sobre o texto 2003 - A flor da utopia - álbum con ilustracións de Rogério Ribeiro 2005 - O mito de don Juan e outros ensaios de escreviver 2011 - A natureza do acto criador
Novelas/Novelas curtas
1952; 1990 - A porta dos limites 1955; 1985 - Vida perigosa 1956; 1982 - A noite roxa 1957; 1998 - Uma pedrada no charco 1959; 2012 - As aves da madrugada 1959; 1994 - Bastardos do Sol 1960; 1978 - Nus e suplicantes 1961; 2003 - Os insubmissos 1962; 1982 - Exílio perturbado 1963; 2000 - As máscaras finais 1964 - A samarra 1964; 2001 - Terra ocupada 1966; 1988 - Imitação da felicidade 1967; 1974 - Despedidas de verão 1968; 1987 - Casa de correcção 1968 - Tempo de cinzas 1971; 1996 - Estrada de morrer 1972 - A impossível evasão 1972 - Esta estranha Lisboa 1974; 1999 - Dissolução 1976; 1987 - Viamorolência 1977; 1985 - As pombas são vermelhas 1979; 1986 - Desta água beberei 1982; 1992 - Fuga imóvel 1985 - Oceano oblíquo 1986; 1987 - A vaga de calor 1989 - Filipa nesse dia 1991 - Violeta e a noite 1993 - Deriva 1995 - A hora da incerteza 1997 - O ouro e o sonho 1998 - O adeus à brisa 1999 - O último dia e o primeiro 2000 - O supremo interdito 2002 - Nunca diremos quem sois 2005 - O eterno efémero 2006 - Ao contrário das ondas 2007 - Os cadernos secretos do Prior do Crato 2013 - Nenhuma Vida (Póstuma)
Contos
1970; 1992 - Contos da solidão 1977 - Estórias alentejanas 2003 - A estação dourada 2008 - A última colina
Antoloxía
1958 - O Alentejo 1966 - O mundo do toureio na literatura de língua portuguesa 1968 - A Estremadura 2003 - O Algarve em poemas 2004 - Poemas da minha vida
Narrativa
1969; 1973 - Horas perdidas
Crónicas
1970; 1974 - A palma da mão 1971; 1976 - Deserto com vozes 1974 - As grades e os rio 2003 - God bless América
1971; 2001; 2012 - As torres milenárias
Texto e fotografía
1996 - A luz da cal 1998 - Margem da ausência
1965; 1998 - D1as lamacentos 1966 - Roteiro de emergência 1974 - Perdas e danos 1975 - Diário da ausência 1975 - Palavras de combate 1998 - Os campos da promessa
Colaboracións en TV e cinema
Retalhos da Vida de um Médico (1980). Impossível Evasão (1983) Visita ou Memórias e Confissões (1993) Premios e homenaxes Cando o seu falecemento, Urbano Tavares Rodrigues foi homenaxeado polos medios de comunicación, incluíndo os xornais A Voz do Operario e o Postal de Tavira.
A FENPROF, en colaboración coa SABSEG – Corrector de Seguros, creou, en 2012, o Premio Urbano Tavares Rodrigues, un premio literario destinado a Profesores. O Premio é anual e alterna poesía e ficción. O seu nome foi colocado na Biblioteca de Moura, e nunha sala da Biblioteca de Asubíes. Tamén foi homenaxeado pola Biblioteca Nacional de Portugal na exposición O Homem de Letras, entre o 1 de abril e o 28 de xuño de 2014. O 19 de xaneiro de 1994 foi agraciado coa Grã-Cruz da Orde do Infante D. Henrique e 6 de xuño de 2008 coa Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada. Tamén recibiu a Legião de Honra.
Foi Membro da Academia das Ciencias de Lisboa e da Academia Brasileira de Letras.
Premios literariosː
1958ː Premio Ricardo Malheiros da Academia das Ciencias, pola obra Uma Pedrada no Charco, 1966ː Premio da Imprensa Cultural, para Imitação da Felicidade. 1982ː Premio Aquilino Ribeiro da Academia de Ciências para Fuga Imóvel. 1987ː Premio da Crítica do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Literários para Vaga de Calor. 1991ː Premio Fernando Namora para Violeta e a Noite. 1993ː Premio Jacinto do Prado Ceolho. 2000ː Premio de Consagração de Carreira da Sociedade Portuguesa de Autores. 2003ː Gran Premio de Conto Camilo Castelo Branco da Associação Portuguesa de Escritores, para A Estação Dourada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en 1923 Categoría:Escritores en lingua portuguesa