L'Image manquante (en ) é un filme documental franco-camboxano de 2013 dirixido por Rithy Panh sobre os khmer vermellos en lingua francesa. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2013 onde gañou o premio principal. Tamén foi estreado na sección de Cinema do Mundo no Festival Internacional de Cinema Cinemanila, onde gañou o Gran Premio do Xurado. Gañou o Premio Lumières ó mellor documental na 21ª edición dos Premios Lumières e foi nomeado ó Premio César ó mellor filme documental.

Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios. Aproximadamente a metade do filme está composta por material de novas e imaxes de época, mentres que a outra metade emprega figuras para dramatizar o que ocorreu en Camboxa cando Pol Pot chegou ó poder.

Sinopse Empregando figuriñas de barro e imaxes de arquivo, Rithy Panh testemuña as atrocidades cometidas polos kmres vermellos en Camboxa entre 1975 e 1979.

Personaxes Randal Douc como o narrador (na versión orixinal francesa)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Camboxa propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Camboxa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Rithy Panh