A Coroa de Liechtenstein (en alemán: Liechtenstein Krone; plural kronen) foi a unidade monetaria de Liechtenstein desde 1898 ata 1921, e estaba dividida en 100 heller, como moeda divisionaria. As moedas son raras, en tanto que os billetes son máis comúns."Liechtenstein Currency". Mintage Woeld.

Liechtenstein usou a coroa austrohúngara e a coroa austríaca logo da disolución do Imperio Austrohúngaro en 1918, e logo adoptou o franco suízo en 1921, por mor da inestabilidade da coroa. A coroa de Liechtenstein definíase pola mesma cantidade de metais preciosos que a coroa austrohúngara e que a coroa austríaca."The numismatic history of Liechtenstein Online". En Coins Weekly. 5 de setembro de 2018."Liechtenstein". En Monetary Sistems of the Principal Countries of the World. 1916. Tresaury Department. Washington. Páxinas 47-48.

Moedas Cuñáronse moedas de prata de 1, 2 e 5 coroas, e moedas de ouro de 10 e de 20 coroas. Nalgúns dos valores, existen probas numismáticas datadas en 1898, aínda que o habitual é que as emisións regulares comezasen a estar datadas en 1900.

As moedas da coroa de Liechtenstein cuñáronse na Casa da Moeda de Viena a nome do monarca Xoán II e foron deseñadas polo gravador Gustave Deloye.

ImaxeDenominaciónEmisiónAliaxeDiámetro/pesoTiraxes anuais125x125px 125x125px1 coroa "1 coroa (1898)". Numista.1898Prata (835 mil.)23 mm5 g125125x125px 125x125px1 coroa "1 coroa (1900-1915)". Numista.1900 1904

1910

1915Prata (835 mil.)23 mm 5 g50.000 75.000

50.000

75.000125x125px 125x125px2 coroas"2 coroas (1912-1915)". Numista.1912 1915Prata (835 mil.)27 mm 10 g50.000 37.500125x125px 125x125px5 coroas"5 coroas (1898)" e "5 coroas (1900-1915)". Numista.1898 1900

1904

1910

1915Prata (900 mil.)36 mm 25 g100 5.000

15.000

10.000

10.000125x125px 125x125px10 coroas"10 coroas (1898)" e "10 coroas (1900)". Numista.1900Ouro (900 mil.)19,5 mm 3,387 g35 1.500125x125px 125x125px20 coroas"20 coroas (1898)". Numista.1898Ouro (900 mil.)21 mm 6,775 g1.535

Billetes Liectenstein utilizou os billetes da coroa austríaca entre 1919 e 1921, cando pasou a adoptar como propio o franco suízo. De xeito autónomo, só imprimiu papel moeda de emerxencia con denominacións de 10, 20 e 50 heller durante o ano 1920."Liechtenstein banknotes: 1920". Colnet.com"Liechtenstein". Banknoteworld.com

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Coroa (moeda) Economía de Liechtenstein

Bibliografía

Krause, C. L.; Mishler, C. (2003). Standard Catalog of World Coins: 1901-Present. (31st ed.). Krause Publications. ISBN 0873495934 Krause, C. L.; Mishler, C. (2004). Standard Catalog of World Coins: 1801-1900. (4th ed.). Krause Publications. ISBN 0873497988

Categoría:Coroa (moeda) Categoría:Moedas de Liechtenstein Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas de ouro Categoría:Liechtenstein