Clueless é un filme estadounidense de 1995 escrito e dirixido por Amy Heckerling. Está protagonizado por Alicia Silverstone, Stacey Dash, Paul Rudd, Dan Hedaya e Brittany Murphy. Foi producido por Scott Rudin e Robert Lawrence. Está vagamente baseado na novela de 1815 Emma de Jane Austen, ambientado no tempo moderno en Beverly Hills.Mazmanian, Melissa. "Reviving Emma in a Clueless World: The Current Attraction to a Classic Structure. Persuasions Online: Occasional Papers No. 3. Fall 1999. Jane Austen Society of North America website. Consultado o 12 de novembro de 2013.Stern, Lesley. "Emma in Los Angeles" Clueless as a remake of the book and the city. Australian Humanities Review website, 1997. Consultado o 12 de novembro de 2013. O argumento céntrase en Cher Horowitz, unha moza adolescente e rica que se fai amiga dunha nova estudante chamada Tai Frasier e decide darlle un cambio de imaxe.
Clueless foi rodado en California ó longo de 40 días. A directora do filme estudou os estudantes de institutos reais de Beverly Hills para aprender a fala e as expresións dos adolescentes da década de 1990.
O filme recadou 56,1 millóns de dólares nos Estados Unidos. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e é considerado un dos mellores filmes adolescentes de tódolos tempos. Clueless converteuse nun filme de culto e tivo continuación nunha serie de televisión, nunha serie de libros e Paramount Studios anunciou que estaba a producir un remake.
Personaxes
Alicia Silverstone como Cher Horowitz Stacey Dash como Dionne Davenport Brittany Murphy como Tai Frasier Paul Rudd como Josh Lucas Dan Hedaya como Melvin "Mel" Horowitz ("Hamilton" nos créditos) Elisa Donovan como Amber Mariens Justin Walker como Christian Stovitz Wallace Shawn como Mr. Wendell Hall Twink Caplan como Ms. Toby Geist Julie Brown como adestradora Millie Stoeger Donald Faison como Murray Duvall Breckin Meyer como Travis Birkenstock Jeremy Sisto como Elton Tiscia Nicole Bilderback como Summer Han Sean Holland como Lawrence
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Amy Heckerling Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América