Charlie Wilson's War é un filme estadounidense de 2007 dirixido por Mike Nichols. Baséase na historia do congresista estadounidense Charlie Wilson e no membro da CIA Gust Avrakotos, cuxos esforzos lideraron a Operación Ciclón, un programa para organizar e apoiar os muxahidin afgáns durante a invasión soviética de Afganistán.

O guión foi escrito por Aaron Sorkin e unha adaptación do libro de 2003 Charlie Wilson's War: The Extraordinary Story of the Largest Covert Operation in History, escrito por George Crile III. Está protagonizado por Tom Hanks, Julia Roberts e Philip Seymour Hoffman, xunto con Amy Adams e Ned Beatty nos papeis secundarios. Foi nomeado a cinco premios dos Globos de Ouro, incluíndo mellor filme de comedia ou musical, mais finalmente non gañou ningún. Hoffman foi nomeado na 81ª edición dos Óscar ó mellor actor secundario.

Personaxes

Tom Hanks como Charlie Wilson Julia Roberts como Joanne Herring Philip Seymour Hoffman como Gust Avrakotos Amy Adams como Bonnie Bach Ned Beatty como Doc Long Christopher Denham como Michael G. Vickers Emily Blunt como Jane Liddle Om Puri como Presidente de Paquistán Zia-ul-Haq Faran Tahir como Brigadior Rashid Ken Stott como Zvi Rafiah John Slattery como director da CIA Henry Cravely Michael Spellman como axente Patrick Denis O'Hare como Harold Holt Jud Tylor como Crystal Lee Peter Gerety como Larry Liddle Brian Markinson como Paul Brown Spencer Garrett como membro do comité Kevin Cooney como membro do comité Aharon Ipalé como Ministro de defensa de Exipto Pasha Lychnikoff como piloto de helicóptero ruso Cyia Batten como Stacey Tracy Phillips como Carol Shannon Navid Negahban como tradutor do campo de refuxiados Shiri Appleby como Jailbait Rachel Nichols as Suzanne Wynn Everett como recepcionista

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mike Nichols Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes ambientados en Afganistán Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes ambientados en Paquistán