A ópera bufa (do italiano opera buffa, tamén denominada commedia per musica ou dramma giocoso per musica) é un subxénero de ópera cun tema cómico. Desanvolveuse en Nápoles na primeira metad do século XVIII, de onde se difundiu cara a Roma e o norte de Italia. A súa contraparte estilística é a Ópera seria.
Exemplos de ópera buffa son Il barbiere di Siviglia (1816), de Rossini, As vodas de Fígaro (1786), de Mozart e Don Pasquale (1843) de Donizetti. O xénero caeu en desuso despois do século XIX, sendo para moitos a última ópera deste xénero Falstaff, composta por Verdi no 1893. Os precursores do movemento foron: Giovanni Battista Pergolesi, Nicola Logroscino, Baldassare Galuppi e Alessandro Scarlatti.miniatura|Personaxes de ópera bufa|centro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de xéneros operísticos Lista das óperas máis importantes Ópera seria