Hoje Eu Quero Voltar Sozinho é un filme brasileiro de 2014 dirixido, escrito e co-producido por Daniel Ribeiro. Baséase na curtametraxe de 2010 Eu Não Quero Voltar Sozinho. Está protagonizado por Ghilherme Lobo, Fabio Audi e Tess Amorim, que retoman os mesmos papeis que interpretaron na curtametraxe.

O filme gañou dous premios na 64ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín; o premio FIPRESCI ó mellor filme na sección Panorama e o Premio Teddy ó mellor filme de temática LGBT. Foi escollido como candidato do Brasil ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse A historia xira arredor de Leonardo, un estudante cego de ensino medio que está a loitar pola súa independencia.

Personaxes Ghilherme Lobo como Leonardo Fábio Audi como Gabriel Tess Amorim como Giovana Eucir de Souza como Carlos Isabela Guasco como Karina Selma Egrei como Maria Júlio Machado como Profesor Naruna Costa como Profesora Lúcia Romano como Laura Victor Filgueiras como Guilherme Pablo Carvalho como Fabio

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes rodados en São Paulo Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Brasil Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes de adolescentes