Matthew Hayman, nado en Camperdown (Nova Gales do Sur) o 20 de abril de 1978, é un ciclista profesional retirado e agora director deportivo australiano.

Traxectoria

Como corredor pasou gran parte da súa carreira profesional sendo gregario e traballando sempre para o interese do equipo. Na París-Roubaix 2016 chegoulle o seu momento de gloria ao chegar só o velódromo de Roubaix e converterse no segundo australiano tras Stuart O´Grady en conseguir gañar no "inferno do norte".

Retirouse do ciclismo activo no 2019 tras rematar o Tour Down Under e dende ese mesmo instante paso a formar parte do corpo técnico do seu equipo, o Orica Green-Edge, agora Mitchelton-Scott.

Notas

Categoría:Ciclistas de Australia Categoría:Nados en Nova Gales do Sur Categoría:Nados en 1978 Categoría:Directores deportivos de ciclismo