O Som ao Redor é un filme brasileiro de 2012 dirixido e escrito por Kleber Mendonça Filho, producido por Emilie Lesclaux e protagonizado por Irandhir Santos, Gustavo Jahn e Maeve Jinkings.

O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Rotterdam e estreouse nos cinemas do Brasil o 4 de xaneiro de 2013. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O crítico de New York Times Anthony Oliver Scott considerouno un dos dez mellores filmes do ano 2012.

Personaxes Irandhir Santos como Clodoaldo Gustavo Jahn como João Maeve Jinkings como Bia W.J. Solha como Francisco Irma Brown como Sofia Lula Terra como Anco Yuri Holanda como Dinho Clébia Souza como Luciene Albert Tenório como Ronaldo Nivaldo Nascimento como Fernando Felipe Bandeira como Nelson Clara Pinheiro de Oliveira como Fernanda Sebastião Formiga como Claudio Mauricéia Conceição como Mariá

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por Kleber Mendonça Filho