Mungau Dain, nado en 1994 e finado o 5 de xaneiro de 2019, foi un actor de Vanuatu que protagonizou o filme de 2015 Tanna, coproducido entre Vanuatu e Australia. Dain, quen nunca antes actuara, actuou no filme a carón de Marie Wawa, e outros actores non profesionais. Tanna, que se basea nunha historia real sobre unha parella de Vanuatu da década de 1980 que cometeu suicidio despois de que as súas familias rexeitaran o seu matrimonio. O filme gañou o premio da Audiencia Pietro Barzisa na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia en 2015 e foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios no ano 2017. Dain, que nunca antes traballara nun filme, viaxou internacionalmente para apoiar a promoción do filme en Australia, Os Ánxeles e Venecia.

Notas

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Actores de Vanuatu Categoría:Finados en 2019