Raimundo Rodríguez Neira, nado na Coruña e finado en Marín o 14 de agosto de 1936, foi un xastre, músico e político galego.

Traxectoria Músico que tocaba o bombardino na banda de música municipal de Pontevedra. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 13 de agosto dese ano Bruno Schweiger e mais un falanxista pontevedrés preséntáronse na rúa Don Filiberto buscándoo; como non se atopaba nesa casa, dirixíronse ao bar Capacho, onde residía. Raimundo negouse a subir ao coche e fuxiu, disparáronlle, pediu protección inutilmente a unha parella de gardas de asalto que facían garda en Correos. Tras ser detido e levado en coche, foi paseado na Cruz de Maceira (en San Tomé de Piñeiro, na estrada entre Marín e Moaña, case no límite administrativo entre os dous concellos), sitio habitual de actuación das patrullas represoras. O seu cadáver apareceu ao día seguinte en Marín cun tiro na caluga.

Vida persoal

Casou en Pontevedra con Aniceta Cabado en xaneiro de 1912.El Progreso, 11-1-1912, p. 3. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos