Ad Astra é un filme estadounidense de 2019 producido, coescrito e dirixido por James Gray. Está protagonizado por Brad Pitt, Tommy Lee Jones, Ruth Negga, Liv Tyler e Donald Sutherland, e conta a historia dun astronauta que vai a espazo na procura do seu pai perdido, cuxo experimento ameaza o Sistema Solar.
O proxecto foi anunciado a comezos de 2016, con Gray declarando que quería facer "a representación máis realista dunha viaxe espacial que xamais fose feita nun filme". Pitt asinou como protagonista en abril de 2017 e o resto do elenco uniuse a finais dese ano. A rodaxe comezou nos Ánxeles no mes de agosto, durando até outubro.
Ad Astra estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia o 29 de agosto de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos o 20 de setembro de 2019 a través de 20th Century Fox. Recibiu valoracións postivas por parte da crítica, que eloxiou a interpretación de Pitt e os efectos visuais, recadando 133 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de 80–100 millóns de dólares. Na 92ª edición dos Óscar, o filme foi nomeado ó mellor son.
Personaxes Brad Pitt como Roy McBride Tommy Lee Jones como H. Clifford McBride Ruth Negga como Helen Lantos Liv Tyler como Eve Donald Sutherland como Coronel Thomas Pruitt John Ortiz como Tenente Xeneral Rivas Greg Bryk como Chip Garnes Loren Dean como Donald Stanford Natasha Lyonne como Tanya Pincus John Finn como Brigadier Xeneral Stroud Kimberly Elise como Lorraine Deavers Sean Blakemore como Willie Levant Bobby Nish como Franklin Yoshida LisaGay Hamilton como Xeneral adxunto Amelia Vogel Donnie Keshawarz como Capitán Lawrence Tanner
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por James Gray Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes producidos por Brad Pitt Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX