é un adxectivo xaponés que pode ser traducido ao galego como 'bonito' ou 'tenro'.Álvarez, Jesús Carlos e Toru Katsuta. Español-Japonés Japonés-Español. Segunda edición. 2005. Barcelona. Editorial Juventud. Esta palabra ten cabida dentro da cultura popular xaponesa, no entretemento, na moda, na comida, xoguetes, aparencia, conduta e hábitos persoais.

Os xaponeses utilizan a tenrura nunha gran variedade de casos e situacións onde, noutras culturas, poden ser consideradas incongruentemente infantís ou frívolas (por exemplo, en publicacións gobernamentais, en avisos do servizo público, nun ambiente de negocios, na publicidade militar, en medios de transporte, entre outros).

Etimoloxía miniatura|204x204px|Escritura da palabra kawaii (de arriba abaixo): en kanji, en hiragana e en katakana. A palabra kawaii escríbese con dous kanjis: 可, que se le ka segundo a lectura on'yomi e cuxo significado é 'tolerable', 'pasable' ou 'posible'; e 愛, que se le ai segundo a lectura on'yomi e cuxo significado é 'amor'.Jim Breen.The EDICT Dictionary File. Ao unir ambos ideogramas, a lectura do segundo kanji cambia a wai para evitar o efecto fonético de pronunciar dúas as seguidas (ka-ai), son que non é común no idioma xaponés.Heisig, James W. Kanji para recordar II. 2004. Barcelona. Editorial Herder. O último carácter é o hiragana い (i), que fai distinción a un dos dous tipos de desinencia dos adxectivos xaponeses (adxectivos terminados en い e adxectivos terminados en な).

Tamén o termo 可愛い ten unha lectura alternativa, pero obsoleta e arcaica, kawayui. De igual maneira existen palabras en xaponés que se derivan da voz kawaii: , un adxectivo que se pode traducir como 'adorable' ou 'doce'; , un verbo que se traduce como 'namorarse' ou 'encantarse' ou , unha palabra que describe o “encanto dun neno inocente”.

No xaponés antigo describíase a tenrura co termo que ten o mesmo significado que a palabra kawaii.

Historia Anteriormente, o termo kawaii usábase só para describir a tenrura dun bebé ou dun animal, cousas que son consideradas como autenticamente kawaii. Pero, na actualidade, o uso ampliouse a calquera tipo de cousas. O fenómeno do kawaii presentouse por primeira vez durante a década de 1960 coa aparición de xoguetes en forma de animais de peluche. Cara a 1967, apareceu no mercado xaponés a boneca Licca-chan, cuxa aparencia tenra captaba a atención das nenas.Kawaii, ¿cuál es su significado profundo? Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226.

O termo comezou a ter aceptación entre os adultos durante a década de 1980. Anteriormente, a norma social no Xapón entre os adultos era ser e actuar de maneira madura, para concentrarse na produtividade económica do país. Cando Xapón alcanzou a cima dese obxectivo, a presión social de actuar con madurez deixou de ter efecto. As mulleres foron as que usaron o termo por primeira vez de maneira limitada para referirse a calquera cousa bonita.

Os adultos comezaron a desinhibirse co termo kawaii coa aparición dos nameneko na década de 1980: Un fenómeno que mostraba a gatos vestidos como vándalos bōsōzoku (banda de motociclistas, xeralmente adolescentes maiores, que viaxan polas estradas ignorando as regras de tránsito). Debido a que moitas mulleres consideraban aos bosozoku como atractivos, e á asociación dos gatos, o fenómeno nameneko xerou un sentimento común de tenrura e graciosidade. Aos poucos os homes tamén comezaron a empregar ese termo nunha situación similar.Los inicios del fenómeno kawaii. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226.

Cara a 1983 e 1984, a esencia do kawaii comezou a ter maior aceptación. Revistas femininas, e logo revistas masculinas, centráronse en destacar o papel do home que debía asumir o que a súa parella quería. Iso implicaba que o home debía considerar que todo o kawaii era importante. Entre as mulleres novas universitarias e recentemente empregadas era común que se expresasen con tres frases de moda: , e . Eran coñecidas humorísticamente como as . A cotidianeidade da palabra Kawaii! chegou a un extremo en que unha universidade feminina en Tokio tentou prohibir o uso da palabra no campus. miniatura|250x250px|Pavillón con mercadoría de Sanrio en Madrid. Hello Kitty converteuse nunha icona do kawaii no Xapón e en varios países do mundo. Tamén durante a década de 1980 xurdiu unha das principais iconas do kawaii: Hello Kitty. Pertencente á compañía Sanrio, era unha pequena gatiña que fora creada orixinalmente en 1974, aparecendo en diversos produtos para nenas a partir de 1975, e que tivera unha fugaz popularidade que durou até 1977. A principal razón da súa caída era que sempre aparecía coa mesma postura: de fronte, co corpo cara aos dous lados, as pernas de lado e perfilada con liñas grosas. Cara a 1980 foi reinventada cambiando o seu deseño, coa axuda das suxestións das nenas e mozas que eran as principais clientes. Foi debuxada sen as liñas grosas para darlle un aspecto máis suave e varióuselle a súa postura. Cara 1985, Hello Kitty apareceu abrazando a un oso de peluche e tivo un grande éxito. Nos anos seguintes os clientes esixiron un aspecto máis maduro á gatiña, aparecendo unha versión en tons branco e negro e indicando que as fanáticas de Hello Kitty seguían sendo fieis co paso do tempo.Creatividad kawaii – Los fans deciden la imagen de Hello Kitty. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226.

A partir da experiencia de Hello Kitty, o kawaii adquiriu unha connotación comercial máis destacable durante o resto da década de 1980. As empresas comezan a crear produtos con deseños que tivesen en certo xeito un grao de tenrura e encanto. Non importaba en que tipo de produto, xa fóra en xoguetes, aparellos electrónicos ou inclusive en coches. Por exemplo, en 1987 lanzouse o Nissan Be-1, e tivo grandes vendas debido á súa estética kawaii, cun aspecto curvilíneo. miniatura|378x378px|Wikipe-tan, caracterización da Wikipedia como un personaxe moé. Cara á década de 1990, ocorreu un cambio interesante. As empresas que presentaban produtos con características kawaii quedaron sen ideas. O kawaii sería retomado polos otaku (fanáticos do anime, os videoxogos e dos ídolos musicais). Para os otaku, calquera cousa considerada kawaii era seguida polo público coas mesmas ideas. Dentro da cultura otaku redefiniuse e ramificouse o que é kawaii. Unha persoa común pode considerar unha cousa como “graciosa”, pero un otaku descríbea como kawaii. Con todo, para algo que comunmente se pode considerar como kawaii (bonito), un otaku descríbeo con outro termo: moé.Los frikis y lo kawaii. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226.

describe a euforia que lle inspira un personaxe animado favorito ou os ídolos musicais. Esta euforia xéralle un sentimento de valoración, oposto ao sentimento de relaxación e tenrura que causa sobre algo tradicionalmente kawaii. Tal como o seu sentido literal, o moe~ expresa un sentimento de adoración que “brota dende dentro”.Cafeterías de sirvientas - Un mundo chiflado donde los clientes son señores. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226.

A percepción do kawaii tivo nos anos máis recentes unha presenza en todas as instancias, inclusive na gobernamental. En 2006, o Primeiro ministro Shinzō Abe, ao asumir o cargo, describiu a súa visión do Xapón como «un país fermoso» a través de catro principios: un país que valora a súa cultura, tradicións, medio ambiente e historia; un país que se basea nunha sociedade libre que respecta a disciplina e que ten dignidade; un país que continúa posuíndo a vitalidade necesaria para crecer cara ao futuro; e un país que é digno de confianza, respectado e amado no mundo, e que demostra capacidade de liderado.Japón, un país “hermoso”. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226.

O 26 de febreiro de 2009, o Ministerio de Asuntos Exteriores do Xapón designou a tres representantes da cultura popular xaponesa (unha representante da moda lolita, unha representante da moda de Harajuku e unha representante da moda escolar xaponesa) como "Embaixadoras Kawaii" co fin de expor ao mundo esta tendencia.Commission of Trend Communicator of Japanese Pop Culture in the Field of Fashion. Ministerio de Asuntos Exteriores de Xapón (25 de febreiro de 2009).«Una 'Lolita' será la embajadora de la cultura pop japonesa en el mundo.» 5 de marzo de 2009. 20 minutos.

Tipos de kawaii Dentro da contorna sobre o que é kawaii, existen varios tipos de sensacións xeradas polos seguintes obxectos:Ídolos, cosas y fantasías: niveles y tipos de kawaii. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226. miniatura|350x350px|Tipos e niveis de kawaii.

Bebés e animaliños: Ambos xeran un sentimento autenticamente kawaii pola tenrura que producen, xerando un sentimento puro de afinidade e de relaxación; Criaturas raras: de series de anime, cuxas características físicas e o seu comportamento fan que estes sexan considerados kawaii, un claro exemplo diso son criaturas como Pikachu. Xoguetes, peluches e bonecas: Producen unha sensación de relaxación similar á dos bebés, pero posúen unha combinación de sentimentos de adoración e afinidade; : É unha abreviación da frase kimochi warui kedo, kawaii que significa raro, pero kawaii. Describe a personalidades extravertidas que aínda que xeran unha sensación de rareza e ridiculez, é clasificado como kawaii.Kimokawaii. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226. Un exemplo desta clase é dúo humorístico Ungirls.Ungirls. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226. Dentro da cultura otaku, o cosplay (a acción de disfrazarse e actuar coma un personaxe do anime ou dos videoxogos) está considerado dentro desta categoría e proxectouse esta tendencia fora do Xapón;Cosplay: juego de disfraces en fantasilandia - Vivir la vida de un personaje de cómic. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226. Ídolos musicais: Xeran un sentimento intermedio entre o kawaii (relaxación) e o moé (valoración), e teñen un maior grao de adoración que os xoguetes. Un dos exemplos máis coñecidos é o grupo feminino de J-pop Morning Musume; Moda xaponesa: Este aspecto causou un alto grao de adoración e idolatría ao imitar ás personaxes das revistas de moda ou estrelas da farándula. A diferenza dos ídolos musicais, as estrelas da moda causan un maior sentido de valoración;Lo kawaii está de moda. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226. : Este termo foi acuñado pola cantante Kumi Kōda e significa erótico, ao mesmo tempo que kawaii. O sentimento que xera está ao mesmo nivel de adoración e valoración que as estrelas da farándula;Erokawaii. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226. Moda lolita: Refírese á moda xaponesa que orixinalmente mestura elementos da subcultura gótica e da moda vitoriana, xerando un estilo infantil, feminino e fantástico. É considerado como moé e crea unha combinación de afinidade e adoración;Gótico pero aniñado - Heroínas de los cuentos de hadas que renacen en el siglo XXI. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226. Meganekko: É un termo que se refire ás mozas que usan lentes, e que ao usalas fanas máis atractivas. Este estereotipo é común dentro da cultura otaku e é considerado como moé e xera un maior sentimento de afinidade; Figuras de colección: A diferenza dos xoguetes, as figuras de colección pertencen á cultura otaku. Son bonecos inspiradas nos personaxes de anime e de videoxogos, e veñen en diferentes tamaños; os fanáticos desta tendencia popular buscan coleccionar a maior cantidade de bonecos. É considerado tamén como moé e transmiten o sentimento de afinidade;Coleccionistas de figuritas - La felicidad consiste en poseer los personajes favoritos de la cultura pop. Nipponia. Nº 40. 15 de marzo de 2007. ISSN 1343-1226.