miniatura| En Violeta (Comb Ceramic Potery), a cultura da olería do peite.
A cultura da cerámica do peite é unha cultura arqueolóxica europea do Neolítico, que existiu desde ao redor do 4200 a. C. ata arredor do 2000 a. C. O nome deriva do tipo de decoración máis común na súa olería, que se asemella ás pegadas dun peite.
Distribución A distribución dos artefactos atopados inclúe Finnmark (Noruega) no norte, o río Kalix (Suecia) e o Golfo de Botnia (Finlandia) no oeste, e o río Vístula (Polonia) no sur. Ata chegar ós Montes Urais.
Inclúe a cultura de Narva, en Estonia e a cultura Sperrings en Finlandia, entre outros. Crese que provén esencialmente da economía cazadores-recolectores, aínda que Narva amosa algunhas evidencias de agricultura.
Unha parte desta rexión foi posteriormente absorbida polo horizonte da Cultura da olería cordada.
Cerámica miniatura|250px | Pente de cerámica. Divídese nos seguintes períodos: Cedo (Ka I, c. 4200 a. C. - 3300 a. C. aproximadamente) Típico (Ka II, c. 3300 a. C. - 2700 a. C. aproximadamente) Tardío (Ka III, c. 2800 a. C. - 2000 a. C. aproximadamente)
Non obstante, as datas de radiocarbono calibradas para algúns fragmentos de cerámica atopados no Istmo de Carelia dan datas entre 5600 a. C. e 2300 a. C.
Vivenda Os asentamentos localizáronse na ribeira do mar ou na beira dos lagos, e a economía baseábase na caza, pesca e na recolección de plantas. En Finlandia, foi unha cultura marítima que se especializou na caza focas. A vivenda dominante é o teepee de 30 metros cadrados, onde poderían vivir unhas 15 persoas. Houbo tamén casas de madeira rectangulares, especialmente en Finlandia desde o 4000 a. C. As tumbas escavabanse dentro dos asentamentos e os mortos eran cubertos de ocre vermello.
Arte A cultura caracterizouse pola presenza de pequenas figuras de arxila e cabezas de animais feitas de pedra. As cabezas de animais representan normalmente osos e alces e obtivéronse a partir de técnicas do mesolítico. Houbo tamén moitas pinturas rupestres.
Idioma Existe unha hipótese sobre a orixe urálica desta cultura. Crese que non falaban unha lingua indoeuropea.
Vexa tamén Linguas urálicas
Predecesor:Cultura de Narva Culturas da Europa NórdicaNeolítico4200 a. C.-2000 a. C.Sucesor:Pobos urálicos
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Linguas urálicas Cultura de Narva
Ligazóns externas en unirioja.es Cerámica do Peite
Categoría:Historia de Finlandia Categoría:Culturas arqueolóxicas Categoría:Olaría