miniatura|Estatua de Śāriputra. Birmania, século XIX Śāriputra (en ; en ; en tibetano: ཤཱ་རིའི་བུ་; lit. "o fillo de Śāri"), nado como Upatiṣya (en ), foi un dos principais discípulos do Buda. Está considerado o primeiro dos dous discípulos destacados do Buda xunto con Maudgalyāyana . Śāriputra tivo un papel clave como líder no ministerio do Buda e está considerado por moitas escolas budistas como fundamental no desenvolvemento do Abhidharma. Aparece en varias sutras mahayana e nalgunhas é empregado para representar a escola Hinayana do budismo
Śāriputra é recoñecido como un importante e sabio discípulo do Buda, particularmente no budismo Theravada, en que se lle dá un status próximo ao dun segundo Buda. Na arte budista adoita ser representado cunto co Buda, habitualmente á súa dereita. Śāriputra foi coñecido pola súa estrita adherencia as regras monásticas budistas, así como pola súa sabedoría e habelencia para o ensino, o que lle proporcionou o título de "Xeneral do Dharma" (en ; en ). Śāriputra está considerado o discípulo do Buda máis sabio. A súa equivalente feminina foi Kṣemā.
Traxectoria Śāriputra naceu nunha familia de brahmanas nos arredores de Rajagriha, capital do antigo reino indio de Magadha. He is described as having had a "golden complexion". Foi amigo de Maudgalyāyana dende a infancia, e xuntos convertéronse en discípulos de Sanjaya Belattipputta, un asceta e un dos seis mestres non budistas.
Pouco despois da iluminación de Śākyamuni, Śāriputra atopouse en Rajagriha con Aśvajit (un dos discípulos de Śākyamuni). Aśvajit faloulle e explicoulle a lei de causalidade, e Śāriputra quedou tan impresionado polas implicacións destas doutrinas e o comportamento nobre de Aśvajrit que de inmediato quixo converterse en discípulo de Śākya Muni. Maudgalyāyana seguiu o seu amigo e xuntos levaron os 250 restantes discípulos de Sanjaya á Orde Budista.
Dende os comezos na predicación de Śākyamuni, Śāriputra xunto a Maudgalyāyana foron recoñecidos como os principais discípulos deste. Cando Devadatta provocou un cisma dentro da Orde Budista e levou con el uns cincocentes monxes, foron Śāriputra e Maudgalyāyana quen refutaron Devadatta e convenceron os cincocentos monxes para que regresasen xunto a Śākyamuni.
Śāriputra en particular era altamente estimado por Śākyamuni ata o punto de que Śākyamuni Buda o consideraba o seu sucesor. Isto non chegou a suceder, xa que Śāriputra caeu enfermo e faleceu meses antes de que finase Śākyamuni na súa vila natal de Nalaka. Segundo o Canon Pāḷi, Śāriputra morreu tras lograr o paranirvāṇa, e cando o seu axudante Cunda, lle comunicou o feito a Ānanda, este se conmoveu moito. El contou a noticia a Buda, quen permaneceu en paz e recriminou a reacción de Ānanda:SN 47.13, the Cunda Sutta
Nos sutras mahāyāna No Sutra do Loto, só Śāriputra constitúe o primeiro grupo dos tres «dos que escoita a voz», porque entendeu as ensinanzas do Buda, debido a que comprendeu a intención do Buda ao escoitalo predicar o verdadeiro aspecto de todos os fenómenos no capítulo «Medios Hábiles do Sutra do Loto». Máis adiante, no capítulo «Similitudes e parábolas» predise que el alcanzará a iluminación nunha futura existencia e será coñecido como o Buda da Flor Brillante.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
The Soka Gakkai Dictionary of Buddhism, ISBN 4-412-01205-0. Ligazóns externas BudismoNichiren.net GREAT MALE DISCIPLES - Part A Upatissa (Sariputta) and Kolita (Moggallana) by Radhika Abeysekera
Categoría:Nados en Bihar Categoría:Monxes budistas Categoría:Nados no século -VI Categoría:Finados no século -V