Clara Law Cheuk-yiu"Clara Law ." (biography) The New York Times. Consultado o 22 de decembro de 2013. (en ; simplificado: 罗卓瑶; pinyin: Luó Zhuóyáo; Jyutping: lo4 coek3 jiu4), nada en Macau o 29 de maio de 1957, é unha directora da Segunda Vaga de Hong Kong establecida en Australia.
Traxectoria Primeiros anos Clara Law naceu en Macau,Lee 2003 mais os dez anos mudouse a Hong Kong. Estudou na Universidade de Hong Kong e graduouse en literatura inglesa.
En 1978 uniuse á Radio Televisión de Hong Kong como axudante de produción e dirección. Durante ese tempo traballou en moitos aspectos da televisión, dende o guión á dirección, dirixindo doce programas. En 1982 comezou a estudar dirección e escritura de cinema no National Film and Television School no Reino Unido.Lee 2003, para. 2 Gañou o Silver Plaque Award no Festival de Cinema de Chicago de 1985 polo seu filme de graduación, They Say the Moon is Fuller Here.Podvin 2010, para. 2
1985–1994 En 1985 volveu a Hong Kong e comezou a desenvolver a súa primeira longametraxe, Wo ai tai kong ren, estreada en 1988.Lee 2003, para. 3 Dende a súa volta, traballou con Eddie Fong en todos os seus proxectos.
En 1989 realizou o seu segundo filme, Pan Jin Lian zhi qian shi jin sheng, que se programou no Festival de Toronto e foi estreado comercialmente nos Estados Unidos. O ano seguinte dirixiu Ai zai bie xiang de ji jie, que gañou o premio especial do xurado no Festival de Turín e lle valeu unha candidatura á mellor dirección nos Premios do Cinema de Hong Kong.
En 1992 dirixiu e produciu Qiu yue, que foi un éxito no circuíto de festivais. Posteriormente estreou You Seng e en 1994 finalizou un episodio do filme Erotique títulado Wonton Soup. A finais dese mesmo ano, ela e Eddie Fong mudáronse a Australia.Podvin 2010
Dende 1994 O primeiro filme de Clara Law tras chegar a Australia foi Fu sheng, completado en 1996, e que gañou premios no Festival de Locarno e recibiu tres candidaturas nos Australian Film Institute Awards incluídos os de mellor dirección e mellor guión. Fu sheng foi o candidato australiano ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. A continuación rodou filmes como The Goddess of 1967 e Ru meng, que recibiu nove candidaturas aos Golden Horse Awards. Tamén realizou a curtametraxe Red Earth, que se proxectou no Festival de Cinema de Venecia de 2010.
Filmografía + Ano Título orixinal Título en inglés Notas1977Below the Lion Rock1980Police Drama1981Faces and Places1985They Say the Moon is Fuller Here1988Wo ai tai kong renThe Other Half and the Other Half1989Pan Jin Lian zhi qian shi jin shengThe Reincarnation of the Golden Lotus1990Ai zai bie xiang de ji jieFarewell China1991Yes! yi zuFruit Punch1992Qiu yueAutumn Moon1993You SengTemptation of a Monk1994ErotiqueErotiqueEpisodio Wonton Soup1996Fu shengFloating Life2000The Goddess of 1967The Goddess of 19672004 Letters to AliLetters to AliDocumental2009Ru mengLike a Dream2010 Red EarthRed Earth 2015Bao zou shen tanThe Unbearable Lightness of Inspector Fan Tamén coñecido como Shanghai Noir
Notas
Véxase tamén Bibliografía Podvin, Thomas, Hong Kong Cinemagic, 2010. Lee, Dian, Senses of Cinema, 2003. Tong, Nancy, "From the Chinese Diaspora to a Global Dream: A Discussion With Filmmakers Clara Law and Eddie Fong", Hong Kong Cinemagic, 2010. Shen, Shiao-ying. "Filming One's Way Home: Clara Law's Letters to Oz." In: Wang, Lingzhen. Chinese Women's Cinema: Transnational Contexts. Columbia University Press, 13 de agosto de 2013. Start page 16. , 9780231527446. Ligazóns externas Complete biography on Hong Kong Cinemagic Interview with Clara Law on Hong Kong Cinemagic Biography on Senses of Cinema List of films on Film Reference
Categoría:Nados en Macau Categoría:Nados en 1957 Categoría:Directores de cinema da China Categoría:Directores de cinema de Australia