Raduan Nassar, nado en Pindorama o 27 de novembro de 1935, é un escritor brasileiro galardoado co Premio Camões en 2016.
Traxectoria Na adolescencia foi para São Paulo coa familia onde cursou dereito e filosofía na Universidade de São Paulo (USP). Estreouse na literatura en 1975, coa novela Lavoura Arcaica. En 1978 foi publicada a novela Un Copo de Cólera, que fóra escrita en 1970. En 1997 foi publicada a obra Menina a caminho, reunindo os seus contos dos anos 1960 e 1970.
Con só tres libros publicados foi considerado pola crítica como un grande escritor e comparado a nomes consagrados da literatura brasileira, como Clarice Lispector e Guimarães Rosa. Todo iso grazas á extraordinaria calidade da súa linguaxe e forza poética da súa prosa. Adorado por un pequeno círculo de lectores, Raduan tornouse máis coñecido polo público en xeral coas versións cinematográficas Um copo de cólera e Lavoura arcaica.
Tras a súa estrea na literatura, deixou de escribir en 1984, e mudouse para o seu sitio na súa cidade natal. Despois viviu na cidade de Buri, no interior de São Paulo. En 2010, anunciou a doazón dunha facenda de 643 hectáreas en Buri para a Universidade Federal de San Carlos (UFSCar). A facenda Lagoa da Campá tornouse sede do cuarto campus da UFSCar, inaugurada en marzo de 2014.
Obras
Editadas en libro
Lavoura Arcaica (1975). Novela. Um copo de cólera (1978). Novela. Um copo de cólera / Lavoura arcaica (1980) Menina a caminho (1994). Contos. Obra Completa (2016).
En periódicos nacionais e estranxeiros
Aí pelas três da tarde (conto), Jornal de Bairro, São Paulo, 16 de Fevereiro de 1972 Aí pelas três da tarde (conto), El Paseante, Madri, Siruela, dez. 1988 Aí pelas três da tarde (conto), Folha de S.Paulo, São Paulo, 21 de Janeiro de 1989 O ventre seco (conto), Folha de S.Paulo, São Paulo, 16 de decembro de 1984 O ventre seco (conto), Madrid, Siruela, decembro de 1988 O ventre seco (conto), Jornal do Brasil, Río de Xaneiro, 18 de marzo de 1989
Traducións
Para o inglés
Ancient Tillage (Lavoura arcaica), tradución de Karen Sotelino, Londres, Penguin Contemporary Classics, 2016 A Cup of Rage (Un copo de cólera), tradución de Stefan Tobler, Londres, Penguin Contemporary Classics, 2016
Para o español
Labor arcaica (Lavoura arcaica), tradución de Mario Melino, Madri, Alfaguara, 1982 Labor arcaica (Lavoura arcaica), tradución de Mario Melino, Madri, Punto de Lectura, 2005 Niña en camino (Menina a caminho), tradución de Romeo Tello G, Cidade do México, Universidad Nacional Autónoma de México, 2009 Un vaso de coléra (Un copo de cólera), tradución de Juan Pablo Villalobos, Cidade do México, Editorial Sexto Piso, 2016 Labranza arcaica (Lavoura arcaica), tradución de Juan Pablo Villalobos, Cidade do México, Editorial Sexto Piso, 2018
Para o alemán
Nachahmung und Eigenwert (A corrente do esforzo humano), ensaio, tradución de Ray-Güde Mertin. In —, Meyer-Clason, Curt (org.). Lateinamerikaner über Europa, Colonia, Suhrkamp, 1987 Ein Glas Wut (Un copo de cólera), tradución de Ray-Güde Mertin, Frankfurt, Suhrkamp, 1991 Das Brot des Patriarchen (Lavoura Arcaica), tradución de Berthold Zilly, Frankfurt, Suhrkamp, 2004.
Para o francés
Un verre de colère [suivi de] La maison de la mémoire (Un copo de cólera seguido de Lavoura arcaica). Tradución de Alice Raillard, París, Gallimard, 1985 Chemins (A menina a caminho), tradución de Henri Raillard, París, Gallimard, 2005 Un verre de colère (Un copo de cólera), tradución de Alice Raillard, París, Gallimard, 2017
Para o italiano
Un bicchiere di rabbia (Un copo de cólera), tradución de Amina Di Munno, Turim, Einaudi, 2002 Un bicchiere di rabbia (Un copo de cólera), tradución de Amina Di Munno, Roma, Sur, 2018
En Portugal
Um copo de cólera, Lisboa, Relógio d'Água, 1998 Lavoura Arcaica, Lisboa, Relógio d'Água, 1999 Menina a caminho, Lisboa, Cotovia, 2000 Um copo de cólera, Lisboa, Penguin Random House Grupo Editorial, 2016 Lavoura Arcaica, Lisboa, Penguin Random House Grupo Editorial, 2016 Menina a caminho, Lisboa, Penguin Random House Grupo Editorial, 2017
Para o croata
Drevni rad (Lavoura arcaica), tradución de Tanja Tarbuk, Zagreb, Fraktura, 1989
Versións cinamatográficas
Un copo de cólera, guión de Aluizio Abranches e Flávio R. Tambellini, 1995 Lavoura arcaica, dirección e guión de Luiz Fernando Carvalho, 2001
Premios
Lavoura Arcaica
1976 - Premio Coelho Neto, categoría novela, da Academia Brasileira de Letras 1976 - Premio Jabuti, categoría Revelación de Autor, da Cámara Brasileira do Libro 1976 - Premio APCA, Mención Honrosa - categoría Revelación de Autor, da Asociación Paulista de Críticos de Arte
Un Copo de Cólera
1978 - Premio APCA, categoría mellor ficción, da Asociación Paulista de Críticos de Arte
Menina a caminho e Outros textos
1998 - Premio Jabuti, categoría Contos e Crónicas
Conxunto da obra
2016 - Premio Camões
Notas
Categoría:Brasileiros de ascendencia libanesa Categoría:Nados en 1935 Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Nados no estado de São Paulo