A Florida, eclesiasticamente Santo Antonio da Florida, é unha parroquia eclesiástica e un barrio urbano da cidade e concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo. Pertence ao arciprestado de Vigo-Fragoso. Atópase en terreos da parroquia de Coia.

Organización administrativa Constaba como parroquia civil no Nomenclátor de Galicia ata a revisión de 2026; é unha parroquia eclesiástica dende o 31 de xullo de 1958, tras unha reorganización parroquial. Abrangue, grosso modo, o espazo que se sitúa arredor da avenida homónima. Escindiuse da vella parroquia de Coia e, polo tanto, o sentimento de pertenza a esta última freguesía aínda se advirte na veciñanza. miniatura|429x429px|Santo Antonio da Florida, dentro da división eclesiástica do concello de Vigo. Porén, non aparece no censo de poboación do IGE nin no Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional do INE.

Toponimia Posibelmente deba o seu nome a unha casa de indianos que había no lugar, cuxo nome era "La Florida". Lugares e parroquias

Lugares de Coia

Parroquias de Vigo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo

Categoría:Lugares de Vigo Categoría:Lugares ausentes no Nomenclátor de Galicia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias eclesiásticas de Galicia Categoría:Parroquias eclesiásticas galegas que non coinciden coas civís