Johann Wilhelm Carl Neumann, e máis coñecido na época contemporánea en Letonia pola súa forma letonizada Vilhelms NeimanisKristina Jõekalda "Baltic Identity via German Heritage? Seeking Baltic German Art in the Nineteenth Century". Kunstiteaduslikke Uurimusi 23(3-4):79-110· January 2014 , nado en Grevesmühlen o 5 de outubro de 1849 e finado en Riga o 6 de marzo de 1919, foi un arquitecto e historiador da arte xermano-báltico de Letonia. Arquitecto da cidade de Daugavpils (1878-1895), autor de varios proxectos de palacios historicistas letóns e do edificio do Museo de Arte da Cidade de Riga, foi tamén o seu primeiro director (1905-1919).

Traxectoria Naceu no seo dunha familia de comerciantes de Mecklenburg. Pasou boa parte da súa infancia en Krustpils, onde se trasladara coa súa familia. En 1864 traballou como aprendiz na oficina do arquitecto Paul Max Bertschy durante a construción da liña ferroviaria de Riga a Daugavpils, e logo estudou no Politécnico de Riga e a partir de 1875 na Academia das Artes de San Petersburgo. miniatura|O Museo Nacional de Arte Letoa, construído como museo local de Riga, constitúe a súa obra arquitectónica máis recoñecida Entre 1873-1874 participou no deseño da estación de ferrocarril da cidade de Daugavpils. En 1878 comezou a desempeñar as funcións de arquitecto xefe de Daugavpils, deseñou a Igrexa Evanxélica Luterana Martiño Lutero de Daugavpils (1889-1893) e a católica Igrexa da Inmaculada Concepción da Virxe María (1903–1905). En 1887, publicou en Tallin o seu primeiro libro, e que constitúe tamén a súa obra máis relevante, considerada a primeira obra seria sobre a historia da árte bálticaElita Grosmane "Kur meklejami makslas vestures pirmsakumi Latvija". Materiali Latvijas makslas vesturei 2001 2:7-15., titulada Grundriß einer Geschichte der bildenden Künste und des Kunstgewerbes in Liv-, Est- und Kurland vom Ende des 12. bis zum Ausgang des 18. Jahrhunderts. En 1895 mudouse a Riga, onde liderou a restauración da Catedral de Riga. Seguindo os proxectos de Neumann construíuse o edificio do Museo Provincial de Kurzeme en estilo historicista (1898) en Jelgava, o edificio do Museo catedralicio de Riga (1898). O seu proxecto máis importante foi a construción do edificio do Museo de Arte da Cidade de Riga (1903–1905), influenciado pola arquitectura do edificio do Museo Bode en Berlín.

Vilhelms Neumann foi autor de moitos palacios historicistas letóns: Līksna (1878-1780), Kalkūni (1890-1892), Pelči (1900–1904), Juzefova (1901), Taheva (1902). De 1899 a 1901 foi profesor axudante de historia da arte no Instituto Politécnico de Riga. En 1905 converteuse no director do Museo de Arte da Cidade de Riga e a partir de 1908 asumiu a xefatura da comisión de conservación de monumentos históricos, xa en 1888 avogara por crear un inventario de edificios históricos nas provincias do Báltico, e Neumann decidiu preparar un inventorio sistemático de arte e arquitectura. Non obstante, por mor da guerra o inventorio non se puido rematar e destruírono á mantentaMārtiņš Mintaurs "Heritage for the Public? The Gesellschaft fur Geschichte und Altertumskunde in Riga and the Protection of Architectural Monuments in the Baltic Provinces, 1834-1914". Kunstiteaduslikke Uurimusi 23(3-4):111-133· January 2014 en 1919 os bolxeviques letóns da primeira República Soviética Socialista de Letonia. Neumann sempre se amosou partidario de conservar e restaurar os edificios seguindo o modelo orixinal Elita Grosmane "Vilhelms Neimanis" . Latvijas mākslas vēsture.

Morreu durante a Guerra de Independencia Letoa o 6 de marzo de 1919.

Obras

Grundriß einer Geschichte der bildenden Künste und des Kunstgewerbes in Liv—, Est— und Kurland vom Ende des 12. bis zum Ausgang des 18. Jahrhunderts. Reval, 1887 Die Ordensburger im sog. Polnischen Livland. Mitteilungen aus der livländischen Geschichte. Riga, 1889. Bd.14. H.3 Werke mittelalterlicher Holzplastik und Malerei in Livland und Estland. Lübeck, 1892 Das mittelalterliche Riga. Berlin, 1892 Die St. Annenkirche zu Libau. Rigasche Stadtblätter, Nr. 21, 22, 1892 Karl August Senff: Ein baltischer Kupferstecher. Reval, 1895 Baltische Maler und Bildhauer des XIX Jahrhunderts. Riga, 1902 Verzeichnis baltischer Goldschmiede, ihrer Merkzeichen und Werke. Sitzungsberichte der Gesellschaft für Geschichte und Alterthumskunde der Ostseeprovinzen Russlands aus dem Jahre 1904. Riga, 1905 Lexikon baltischer Künstler. Riga, 1908 Riga und Reval. Leipzig, 1908 Führer durch Riga mit einem Stadtplan. Leipzig, 1910; 2. Aufl. Berlin, 1918 Der Dom zu St. Marien in Riga. Riga, 1912 Das Museum in Riga. Museumskunde. Berlin, 1906. Bd.2 Merkbüchlein zur Denkmalpflege auf dem Lande. Riga, 1911 Aus alter Zeit: Kunst und kunstgeschichtliche Miszellen aus Liv—, Est— und Kurland. Riga, 1913

Galería

Notas

Categoría:Arquitectos do Modernismo Categoría:Finados en 1919 Categoría:Nados en 1849 Categoría:Nados en Mecklemburgo-Antepomerania Categoría:Historiadores da arte Categoría:Directores de museos