Domingo Antonio Merelles nado na Hedreira (Avión), foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela. Vencellado aos negocios mineiros, adquiriu bens desamortizados. Mercou o pazo de Porteliña e estableceu a súa residencia en Beariz. Progresista radical, foi elixido deputado por Ourense en 1839 e 1841. Foi vogal da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia presidida por Pío Rodríguez Terrazo en 1846. Participou na construción do Bienio Progresista. Converxeu na Unión Liberal e volveu ser elixido deputado polo Carballiño en 1858. Foi rexedor de Santiago de Compostela entre maio e decembro de 1866.Administración, gestión y poder político en el Ayuntamiento de Santiago de Compostela 1845-1868) Foi elixido senador pola provincia de Ourense en 1871. Foi nomeado gobernador civil de Ourense en 1881.Gaceta de Galicia, 14-2-1881, p. 2.

Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con Antonia Caula, irmá de Pedro Caula e foi pai de Adolfo Merelles Caula.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Avogados de Avión Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Nados en Avión Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos