Paulo Varela Gomes, nado en Lisboa o 28 de outubro de 1952 e finado en Podentes, Penela, o 30 de abril de 2016, foi un crítico, escritor, historiador de arquitectura e profesor universitario portugués.
Traxectoria Era fillo do coronel Varela Gomes, figura destacada na loita contra o réxime ditatorial portugués. Estudou Historia na Facultade de Letras de Lisboa. Foi profesor dos ensinos secundario e universitario, investigador no CES-Centro de Estudos Sociais e docente do programa de doutoramento Patrimónios da Influência Portuguesa ata xubilarse en 2012. Foi militante da UEC – União dos Estudantes comunistas- e do PCP, antes de integrar o grupo fundador do Movimento Política XXI, unha das correntes que deu orixe ao Bloco de Esquerda.
Autor de artigos e libros da súa área de especialidade (historia da arquitcetura e da arte), foi tamén colaborador e cronista permanente de varios xornais e revistas, sobre todo o Público.
Foi coautor e presentador da serie documental O Mundo de Cá, emitida pola RTP durante os anos 90, que trataba sobre a presenza portuguesa no Oriente na época da Expansión. Tamén de Malta Portuguesa (2002).
Faleceu en 2016 vítima de cancro na otofarinxe, que sufría desde 2012.
Obras
Hotel (2014). Tinta de China. A historia dun estraño hoteleiro, do seu enigmático hotel, dunha pasaxe secreta e en tempos obstruída, do vicio pouco ortodoxo de que o hoteleiro é vítima e cómplice, das dúas mulleres coas que mantén relacións ambiguas, da perplexidade ou inocencia dos hóspedes. O Verão de 2012 (2014). Tinta de China. Durante o verán de 2012, un psiquiatra e o seu paciente conversan e trocan correspondencia sobre o confronto entre a vida e a morte. Ouro e Cinza (2014). Tinta de China. Crónicas sobre Bichos | Estética | Este país | India | O campo | O tempo. Era Uma Vez em Goa (2015). Tinta de China. En 1963, dous anos volvidos sobre a expulsióno dos portugueses da India. Os territorios de Goa, Damão e Diu encóntramse so o dominio aínda ambiguo do goberno indiano. Passos Perdidos (2016). Tinta de China. Visita lugares e tempos diferentes: a illa de Santa Helena (último exilio de Napoleón Bonaparte) e unha aldea marroquina no inicio do século XXI, París, Antuérpia, Bruxelas, Múnic e Milán na década de 1970, Bijapur, Bombai e a ilha de Diu no final da década de 1980. A Guerra de Samuel e outros contos (2017). Tinta de China. Relatos póstumos.
Ensaio
O Essencial Sobre a Arquitectura Barroca em Portugal (1987). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda. Viana do Castelo (1990). Con João Vieira Caldas. Editorial Presença. Teehaus Boa Nova / Casa de Chá di Boa Nova - Álvaro Siza (1999). Luiz Trigueiros, Nuno Portas e Paulo Varela Gomes. Editorial Blau. Vieira Portuense. Pintores portugueses (2001). Edições Inapa. Arquitectura, Religião e Política em Portugal no Século XVII - A Planta Centralizada (2001). FA.UP - Faculdade de Arquitectura da Universidade Porto. Himalayan Express. Mantra, Memória e Viagem na Índia ( 2002). Edições Almedina. Murphy - Revista de História e Teoria da Arquitectura e do Urbanismo N.º 1 (2006). Imprensa da Universidade de Coímbra. Portugués e inglés. Murphy - Revista de História e Teoria da Arquitectura e do Urbanismo N.º 2 (2007). Imprensa da Universidade de Coímbra. Portugués e inglés. 14,5 Ensaios de História e Arquitectura (2007). Edições Almedina. Anos 1980 (2012). Con Jorge Figueira. Circo de Ideias.Reflexión sobre o impacto dos anos 1980 na arquitectura portuguesa.
Premios
2014: Prémio P.E.N. Clube Português de Novelística por Hotel 2015: Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB por Era Um.a Vez em Goa
Notas
Categoría:Historiadores de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en 1952