Hélder Gomes Cancela, nado en Valongo do Vouga en 1967, é un escritor portugués. Biografía Hélder Gomes Cancela naceu en 1967. Estudou filosofía na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra, onde fixo o doutoramento, en filosofía contemporánea. Desde o 2000 ensina na Facultade de Belas-Artes da Universidade do Porto, onde é responsábel da área científica de Estética. É tamén investigador no Instituto de Investigación en Arte Design e Sociedade.
Dirixiu con Carlos Alberto Machado a colección terceira margem.
En entrevista concedida a Isabel Lucas en xullo de 2017, afirmava: «Para min o esencial na literatura, n a novela, é a construción dun espazo narrativo, a construción mesmo dun mundo. O mundo onde estamos e a partir do cal a realidade pareza verosímil, mesmo a máis inverosímil.»
Obras
Narrativa
Anunciação (1999). Edições Afrontamento. 160 páxs. De Re Rvstica (2011). Edições Afrontamento. 224 páxs. Impunidade (2014). Relógio D'Água. 222 páxs. Esta historia inesperada, dura, comeza en Sevilla. As pessoas do drama (2017). Relógio D'Água. 296 páxs. Foi presenado no Culturgal en 2018. A Terra de Naumãn (2018). Relógio D'Água. 288 páxs. H.G. Cancela condúcenos a través dunha narrativa xuvenil e fantástica até unha fábula de contornos apocalípticos.
Poesía
Novembro (2003). Edições Afrontamento. 212 páxs.
Ensaio
Relativismo Axiológico e Arte Contemporânea: Critérios de Recepção Crítica das Obras de Arte (2004). Edições Afrontamento. Tese de Doutoramento en Filosofía Moderna e Contemporánea presentada na FLUC. O Exercício da Violência. A Arte enquanto Tempo (2014). Companhia das Ilhas. 128 páxs. É un ensaio constituído por múltiples micro-ensaios que procuran pensar a arte e a literatura a partir das relacións de recepción.
Premios
2017: Grande Prémio de Novela e Novela APE/IPLB pola obra As Persoas do Drama en 2017.
Notas
Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados no distrito de Aveiro