Naceu unha estrela (en ) é un filme estadounidense en Technicolor de 1937 producido por David O. Selznick, dirixido por William A. Wellman a partir dun guión do propio Wellman, Robert Carson, Dorothy Parker e Alan Campbell, e protagonizado por Janet Gaynor (no seu único filme en Technicolor) como unha aspirante a actriz de Hollywood e Fredric March (no seu primeiro filme en cor) como unha estrela do cinema decadente que axuda a lanzar a súa carreira.

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 13 de marzo de 1992.Televisión

Argumento Esther Blodgett (Janet Gaynor), unha moza que aspira a converterse en actriz, viaxa a Hollywood, onde atopa traballo como camareira e coñece o famoso actor Norman Maine, en decadencia (Fredric March) por culpa da súa adicción ao alcol. Blodget e Maine inician unha relación. El é consciente do enorme talento dela e empéñase en convertela nunha nova estrela da canción, introducíndoa no mundo dos musicais cinematográficos. Ambos casan, e segundo ela ascende na súa carreira el pouco a pouco vai autodestruíndose.

Elenco Janet Gaynor como Esther Blodgett/Vicki Lester Fredric March como Norman Maine Adolphe Menjou como Oliver Niles May Robson como Grandmother Lettie Blodgett Andy Devine como Daniel "Danny" McGuire Lionel Stander como Matt Libby Owen Moore como Casey Burke Peggy Wood como Miss Phillips Elizabeth Jenns como Anita Regis Edgar Kennedy como Pop Randall J. C. Nugent como Mr. Blodgett Guinn "Big Boy" Williams como posture coach Clara Blandick como Aunt Mattie (sen acreditar) Jonathan Hale como Night Court Judge (sen acreditar) Lillian Harmer como wardrobe woman (sen acreditar) Carole Landis como girl in beret at Santa Anita bar (sen acreditar) George Chandler como Delivery Man (sen acreditar) Jed Prouty como Artie Carver (sen acreditar)

Produción Naceu unha estrela rodouse entre outubro de decembro de 1936 cun orzamento estimado de 1 173 639 dólares, e estreouse nos Teatro Chinés de Grauman dos Ánxeles o 20 de abril de 1937. A estrea en Nova York tivo lugar dous días máis tarde no Radio City Music Hall.

Non se sabe canto contribuíu Dorothy Parker ao guión final. Cando viu o filme por primeira vez, Parker estaba orgullosa da súa contribución e presumiu tanto do guión como do filme, mais posteriormente pensou que non contribuíra en nada de importancia.

Adaptacións e remakes O filme foi adaptado como obra teatral radiofónica o 13 de setembro de 1937, nun episodio de Lux Radio Theater con Robert Montgomery e Janet Gaynor, o 17 de novembro de 1940 nun episodio de The Screen Guild Theater con Loretta Young e Burgess Meredith, o 28 de decembro de1942 nun episodio de Lux Radio Theater con Judy Garland e Walter Pidgeon, o 29 de xuño de 1946 nun episodio de Academy Award Theater protagonizado por Fredric March, o 23 de maio de 1948 nun episodio de Ford Theatre e o 16 de xuño de 1950 en Screen Director's Playhouse de novo con Fredric March.

Naceu unha estrela foi versionado catro veces: En 1951 nunha adaptación televisiva para Robert Montgomery Presents con Kathleen Crowley e Conrad Nagel. En 1954 con Judy Garland e James Mason. En 1976 con Barbra Streisand e Kris Kristofferson. En 2018 con Lady Gaga e Bradley Cooper.

Os catro filmes xuntos recibiron 25 candidaturas aos premios Óscar, aínda que gañaron só tres, mellor argumento en 1937 e mellor canción en 1976 e 2018, ademais dun premio honorífico en 1937 pola fotografía en cor.

Foi versionado tamén, aínda que de forma non oficial, en hindi como Abhimaan (1973) e Aashiqui 2 (2013), en támil como Nenjamellam Neeye (1983), en telugu como Nee Jathaga Nenundali (2014) e en nepalés como Ma Yesto Geet Gauchu 2 (2020), que é unha secuela de Ma Yesto Geet Gauchu (2017).

Propiedade e copyright Selznick International Pictures disolveuse deixando os dereitos sobre o filme ao financeiro John Hay Whitney. Whitney vendeunos Film Classics, Inc. en 1943. Co declive das reposicións, Film Classics vendeu o filme ao produtor Edward L. Alperson coa intención de facer unha nova versión. En lugar diso, Alperson vendeu os dereitos sobre o filme incluídos o filme, o argumento, o guión e a banda sonora a Warner Bros. en 1953. Warner en 1954 realizou o primeiro remake. En 1965, o filme entrou na lista de dominio público nos Estados Unidos porque Warner non renovou o rexistro do copyright no 28.º ano despois da publicación. Os elementos orixinais en 35mm da copia mestra permanecen en Warner Bros. Os dereitos sobre o argumento, o guión e a banda sonora tamén os retén Warner Bros., polo que aínda ten dereitos exclusivos sobre os tres remakes e calquera futura nova versión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A Star Is Born en Lux Radio Theater: 13 de setembro de 1937 A Star Is Born en Screen Guild Theater: 17 de novembro de 1940 A Star Is Born en Lux Radio Theater: 28 de decembro de 1942 A Star Is Born en Academy Award Theater: 29 de xuño de 1946 A Star Is Born en Ford Theater: 23 de maio de 1948

Categoría:Filmes de 1937 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William A. Wellman Categoría:Filmes con banda sonora de Max Steiner Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de Selznick International Pictures Categoría:Filmes sobre o matrimonio‎ Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes de 1937 con versión en galego