Ana Teresa Pereira, nada no Funchal en 1958, é unha escritora portuguesa.

Traxectoria Nacida e residente na Illa da Madeira, aínda estudante e guía intérprete, viu publicado en 1989 o seu primeiro livro, Matar a Imagem.

Estreouse na literatura infantil con A Casa da Areia e A Casa dos Penhascos, dando así inicio a unha nova colección xuvenil que ten por base de título A Casa. Son cinco: dos Pássaros, dos Penhascos, do Nevoeiro, das Sombras, da Areia. Aventuras dun pequeno grupo de cinco heroe - invocando a famosa Enid Blyton: os irmáns David e Cristina, a prima Mónica, o amigo João, e o can Charlie. Os cativos rebelan misterios por varios lugares da illa da Madeira. A nai, Carla, escribe libros.

Acabou construíndo, dentro da ficción portuguesa, unha obra singular e coherente que conta coa publicación, entre 1989 e 2019, de máis de corenta títulos.

Colaborou cos xornais Público (columna: A Quatro Mãos) e Diário de Notícias (Funchal) e coas revistas Islenha e Margem 2 (ambas as dúas do Funchal).

Eduardo Pitta, Público: "Nos últimos dezaoito anos, Ana Teresa Pereira constríiu unha das obras máis coherentes e sólidas da fición nacional. De feito, sen que nos decatásemos, as máis de vinte novelas que publicou, oscilando entre os fairy tales, o fantástico, o policial e o western, non necessariamente por esta orde, fixeron do seu nome unha referencia".

Obras

Matar a Imagem (1989). Editorial Caminho As Personagens (1990). Campo da Palavra A Última História (1991). Editorial Caminho A Casa dos Pássaros (1991). Editorial Caminho. Xunvenil. A Casa da Areia (1991). Editorial Caminho. Xunvenil. A Casa dos Penhascos (1991). Editorial Caminho. Xunvenil. A Casa das Sombras (1991). Editorial Caminho. Xunvenil. A Casa do Nevoeiro (1992). Editorial Caminho. Xunvenil. A Cidade Fantasma (1993). Editorial Caminho Num Lugar Solitário (1996). Editorial Caminho Fairy Tales (1996). Black Son Editores A Coisa que eu Sou (1997). Ed. de 2007 en Relógio D'Água A Noite Mais Escura da Alma (1997). Editorial Caminho As Rosas Mortas (1998 ). Relógio D'Água O Rosto de Deus (1999). Relógio D'Água Se Eu Morrer Antes de Acordar (2000). Relógio D'Água. En italiano Se morissi prima di svegliarme, Tradución de Luciano Mallozzi, Pollena Trocchia: Non Solo Parole EDIZIONE, 2006. Até que a Morte nos Separe (2000). Ed. de 2007 Relógio D'Água O Vale dos Malditos (2000). Black Sun A Dança das Fantasmas (2001). Relógio D'Água A Linguagem dos Pássaros (2001). Relógio D'Água Intimações de Morte (2002). Relógio D'Água O Punto de Vista dos Demónios (2002). Relógio D'Água Contos de Ana Teresa Pereira (2003). Relógio D'Água Se Nos Encontrarmos de Novo (2004). Relógio D'Água. En español Si nos encontrásemos de nuevo, Baile del Sol, 2012. O Mar de Gelo (2005). Relógio D'Água O Sentido da Neve (2005). Relógio D'Água A Neve (2006). Relógio D'Água Historias Policiais (2006). Relógio D'Água Quando Atravessares o Rio (2007). Relógio D'Água O Fim de Lizzie (2008). Biblioteca Editores Independentes O verão Selvagem dos teus Olhos (2008). Relógio D'Água. Unha reinvención de Rebecca de Daphne du Maurier. As Duas Casas (2009). Relógio D'Água O Fim de Lizzie e Outras Histórias (2009). Relógio D'Água Inverness (2010). Relógio D'Água A Outra (2010). Relógio D'Água Los Monstruos; Os Monstros; Les Monstres (2010). Ed. Horizontes insulares. Edición trilingüe. A Pantera (2011). Relógio D'Água O Lago (2011). Relógio D'Água. Desenvólvese en Londres arredor duntriángulo constituído por dous homes e unha muller, Kevin, Jane e Tom. Os dous primeiros son actores nunh peza escrita e dirixida polo último. Nunha certa medida, é a historia dun triángulo amoroso. Mais cando avanzamos na leitura, ímonos afastando desa perspectiva. Num lugar solitário (2012). Relógio D'Água As Longas Tardes de Chuva en Nova Orleães (2013). Relógio D'Água A Porta Secreta (2013). Relógio D'Água As velas da noite (2014). Relógio D'Água A estalagem do nevoeiro (2014). Relógio D'Água Neverness (2015). Relógio D'Água. Relatos. A casa das sombras e outras histórias (2015). Relógio D'Água. Son cinco historias escritas en 1991 e 1992, A Casa dos Penhascos, A Casa da Areia, A Casa dos Pássaros, A Casa das Sombras e A Casa do Nevoeiro. Karen (2016). Relógio D'Água. No Brasil, Ed. Todavia. Narrada en 1ª persoa cun gusto de policial e suspense psicolóxico. O Atelier da Noite (2019). Relógio D'Água. O primeiro conto, que dá o nome ao libro, asenta nun misterio verdadeiro protagonizado pola raíña dos policiais, a escritora inglesa Agatha Christie.

Premios

1989: Matar a Imagem, Premio Caminho Policial. 2004: Se Nos Encontrarmos de Novo, Premio do PEN Club Portugués na categoría de ficción. 2006: A Neve, Premio Literario Edmundo Bettencourt (Concello do Funchal), Premio Máxima de Literatura. 2010: A Outra, Premio Literario Edmundo Bettencourt (Concello do Funchal). 2011: O Lago, Grande Premio de Novela e Novela da Asociación Portuguesa de Escritores 2017: Karen: Premio Oceanos de Literatura, a 1ª muller en 13 anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Entrevista en Rascunho, Brasil, 2018 Ana Teresa Pereira: escribir até que as cousas fiquen correctas, por João Pedro Vala, Observador, 15 fev 2020

Bibliografía

O labirinto do medo. Ana Teresa Pereira (1999). Magalhães, Rui. Braga: Angelus Novus Editora.

Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Novelistas de Portugal Categoría:Nados en Funchal Categoría:Nados en 1958