Maria Manuel Dias da Mota, nada en Vilanova de Gaia o 27 de abril de 1971, é unha científica portuguesa experta en malaria.A autora no catálogo da Biblioteca Nacional de Portugal' Traxectoria En 1992, na Universidade do Porto, obtivo unha licenciatura en bioloxía, realizando a súa mestría en inmunoloxía en 1994, e o doutoramento en parasitoloxía molecular en 1998, defendendo a súa tese Parasitoloxía Molecular'' pola University College de Londres, Reino Unido. Realiza actividades académicas no Instituto de Medicamento Molecular, (IMM), como investigadora principal na Unidade de Malaria. e desde 2005, é profesora convidada na Facultade de Medicina da Universidade de Lisboa. Durante a pandemia de enfermidade COVID-19 desenvolveu os test PCR que se fabrican en Portugal para a deteción do coronavirus nas persoas.
Recoñecementos
Presidenta da Associação Viver a Ciência. Bolsa ano 2012 do FCT
Notas
Véxase tamén Outras páxinas COVID-19
Categoría:Profesores da Universidade de Lisboa Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Nados en 1971 Categoría:Biólogos de Portugal