As limneas "Limnea". DIGALEGO son moluscos gasterópodos de auga doce pertencentes ao xénero Lymnaea da familia Lymnaeidae miniatura|377x377px| Cuncha de Galba truncatula. miniatura|Cuncha de Lymnaea auricularia . Alimentación As limneas aliméntanse principalmente de algas microscópicas e bacterias que proliferan nas plantas acuáticas. Tamén consomen algas ou biopelículas que se forma na superficie de augas eutróficas estancadas, e mesmo residuos orgánicos ou plantas acuáticas cando non teñen outro recurso dispoñible.
Reprodución As limneas para emparellaren superpóñense e cada unha fecunda á que se coloca inmediatamente debaixo dela. Cada limnea pon nunha planta ou nunha parede uns cincuenta ovos adhesivos, viscosos, transparentes e agrupados en cápsulas de 3 a 5 cm de longo. A posta pódese repetir cada cada dous días no verán. Uns dez días despois da posta, as limneas novas rachan a membrana que os mantén cativos. Dispérsanse e medran bastante rápido se o ambiente é favorable. Cada mes a súa cuncha medra nunha estría ata chegar ó talle adulto, constituído por sete estrías.
Respiración Do mesmo xeito que os caracois terrestres, as limneas teñen un pulmón, pero non dispoñen de ningún órgano que lles permita respirar na auga. Así, aínda que son de hábitat principalmente acuático, deben subir regularmente á superficie para respirar. A limnea achégase á superficie, chantada nunha planta acuática e no seu flanco, ábrese un sifón (un tubo que fai de respiradoiro) que lle permite renovar o aire dos seus pulmóns.
Parasitos Como outros moluscos acuáticos, a limnea alberga parasitos. En particular, vehicula un dos estadios de desenvolvemento da fasciola hepaticaY-J Golvan (1983) Eléments de parasitologie médicale, Flammarion, p. 144-145, a distomatose hepática, de parasitos do xénero Trichobilharzia que teñen como anfitrión final o pato.
Especies Lymnaea atkaensis, Dall, 1884 Lymnaea auricularia, Linnaeus, 1758 Lymnaea columella Lymnaea emarginata, Say ! Lymnaea ovata sin. Limneus ovatus Draparnaud, 1805 - Nome actual : Radix balthica sin. Radix ovata (Draparnaud, 1805) Lymnaea palustris (= Stagnicola palustris ), OFMüll., 1774 ! Lymnaea peregra, OFMüll., 1774 - Nome actual : Radix peregra sin. Radix labiata (Rossmässler, 1835) Lymnaea stagnalis , (Linneo, 1758) Lymnaea tomentosa tomentosa Pfeiffer, 1855 Lymnaea tomentosa hamiltoni Dall, 1956 ! Lymnaea truncatula - Nome actual : Galba truncatula Lymnaea vulnerata Küster, 1862
Notas
Categoría:Gasterópodos