A historia das mulleres na enxeñaría é anterior ao desenvolvemento da profesión da enxeñaría. Antes de que a enxeñaría fose recoñecida como unha profesión formal, as mulleres con coñecementos de enxeñaría a miúdo buscaban recoñecemento como inventoras. Durante o Período Dourado Islámico, desde o século VIII ata o século XV, houbo moitas mulleres musulmás que foron inventoras e enxeñeiras, como a astrónoma do século Mariam al-Asturlabi.Salim Al-Hassani. "Women's Contribution to Classical Islamic Civilisation: Science, Medicine and Politics". Retrieved January 5, 2019. miniatura|Elisa Leonida Zamfirescu, unha das primeiras enxeñeiras en Europa No século XIX, as mulleres que realizaban traballos de enxeñaría a miúdo tiñan unha formación académica en matemáticas ou ciencias, aínda que moitas delas aínda non podían graduarse cun título en enxeñaría, como Ada Lovelace ou Hertha Marks Ayrton. Rita de Morais Sarmento foi a primeira muller en Europa que acadou o grao académico en enxeñaría en 1896. Con todo, nos Estados Unidos, na Universidade de California, Berkeley, tanto Elizabeth Bragg (1876) como Julia Morgan (1894) xa recibiran a súa licenciatura nese campo. Nos primeiros anos do século XX, algunhas mulleres foron admitidas en programas de enxeñaría, pero xeralmente eran vistas como curiosidades polos seus homólogos masculinos. Alice Perry (1906) e Elisa Leonida Zamfirescu (1912) foron algunhas das primeiras europeas en graduarse en enxeñaría. Elisa Bachofen foi a a primeira diplomada en enxeñaría civil na Arxentina e en América do Sur en 1918. A entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial creou unha seria escaseza de talento en enxeñaría, xa que os homes foron recrutados nas forzas armadas. A Oficina de Educación dos Estados Unidos iniciou unha serie de cursos de ciencia e enxeñaría que estaban abertos a mulleres e homes.

Kathleen McNulty (1921-2006), foi seleccionada para ser unha das programadoras orixinais da ENIAC. Georgia Tech comezou a admitir mulleres estudantes de enxeñaría en 1952. O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) graduou á súa primeira estudante feminina, Ellen Swallow Richards (1842-1911), en 1873. A École Polytechnique de París comezou a admitir mulleres estudantes en 1972. O número de títulos en enxeñaría outorgados a mulleres nos Estados Unidos aumentou nun 45 por cento entre 1980 e 1994. Con todo, de 1984 a 1994, o número de mulleres que se graduaron cun título en informática diminuíu nun 23 por cento.

Terminoloxía Aínda que o termo enxeñaría data da Idade Media, adquiriu o seu significado e uso actual só recentemente no século XIX. En resumo, un profesional da enxeñería é a persoa que utiliza os principios da enxeñaría, é dicir, a adquisición e aplicación de coñecementos científicos, matemáticos, económicos, sociais e prácticos, para deseñar e construír estruturas, máquinas, dispositivos, sistemas, materiais e procesos. Algunhas das principais ramas desta profesión inclúen a enxeñaría civil, a enxeñaría militar, a enxeñaría mecánica, a enxeñaría química, a enxeñaría eléctrica, a enxeñaría aeroespacial, a enxeñaría informática e a enxeñaría biomédica.

Inventoras miniatura|Elena García-Armada, enxeñeira e inventora española Antes de que a enxeñaría fose recoñecida como unha profesión formal, as mulleres con coñecementos de enxeñaría a miúdo buscaban o recoñecemento como inventoras. Tabitha Babbit (1784-1853?) foi unha fabricante de ferramentas americana que inventou a primeira serra circular. Sarah Guppy (1770-1852) foi unha inglesa que patentou un deseño para os cimentos das pontes. Mary Dixon Kies (1752-1837) foi a primeira muller americana en recibir unha patente polo seu método de tecido de palla en 1809.Stanley, Autumn, Mothers and Daughters of Invention: Notes for a Revised History of Invention (Metuchen, NJ and London: Scarecrow Press, 1993). Margaret E. Knight (1838-1914) e Beulah Louise Henry (1887-1973) foron dúas inventoras estadounidenses moi prolíficas.

En 1919, Alice H. Parker (1895) patentou unha caldeira de calefacción central. Bertha Benz (1849-1944) foi unha pioneira da automoción, e inventora da pastilla de freo para automóbiles,Mary Anderson (1866-1953) inventou o limpiaparabrisas. En 1893 a enxeñeira mecánica Margaret Wilcox patentou a primeira calefacción de automóbiles. En 1914 Dorothy Levitt inventou o espello retrovisor.

Fermina Orduña foi a primeira muller española en obter unha patente en 1865. Outras inventoras españolas de finais do XIX e principios do XX son Carmen Fábregas que inventou o dactílago en 1878, Eli García-Lara Catalá inventora dun lavadoiro mecánico para roupa en 1890, Candelaria Pérez inventora dun moble multiúsos, Concepción Aleixandre Ballester autora dun mecanismo para mellorar a saúde das mulleres, Mª Carmen Ortiz de Arce quen deseñou un sistema de lectoescritura, Julia Rodríguez-Maribona e a súa nai inventoras, da fregona, Joaquina García García o traxe de augas para pescar e Ángela Ruíz Robles a enciclopedia mecánica en 1949. Máis recentes son o exoesqueleto biónico de Elena García Armada e os sensores nanomecánicos de Montse Calleja, sendo Margarita Salas a inventora da patente máis rendible de España.

Século XIX: entrada nas profesións técnicas Coa chegada da Revolución Industrial no século XIX, as novas ocupacións baseadas na tecnoloxía abríronse para homes e mulleres. Sarah Bagley (1806-?) é lembrada non só polos seus esforzos para mellorar as condicións de traballo das traballadoras das fábricas de Lowell, Massachusetts, nas décadas de 1830 e 1840, senón tamén por ser unha das primeiras mulleres en traballar como operadora de telégrafos. Mathilde Fibiger (1830-1872), novelista danesa e defensora dos dereitos da muller, converteuse en operadora de telégrafos do sistema de telégrafos do Estado danés no decenio de 1860.

A enxeñaría comezou a ensinarse como unha disciplina académica formal a finais do século XVIII e principios do XIX. A Escola Politécnica de Francia estableceuse en 1794 para ensinar enxeñaría militar e civil; a Academia Militar de West Point, nos Estados Unidos, estableceu un programa baseado no modelo da Escola Politécnica en 1819. O Instituto Politécnico Rensselaer (RPI) comezou a ensinar enxeñaría civil en 1828. Con todo, ningunha destas institucións admitiu a mulleres como estudantes no momento da súa fundación.

No século XIX, as mulleres que realizaban traballos de enxeñaría a miúdo tiñan unha formación académica en matemáticas ou ciencias. Ada Lovelace (1815-1852), a filla de Lord Byron, foi educada privadamente en matemáticas antes de comezar a colaboración con Charles Babbage na súa máquina analítica coa que acadaría a designación de "primeira programadora de computadores". Hertha Marks Ayrton (1854-1923), unha enxeñeira e inventora británica que axudou a desenvolver a iluminación de arco eléctrico, estudou matemáticas en Cambridge en 1880, pero negóuselle o título, xa que as mulleres só recibían certificados de finalización nese momento. Por tanto, trasladouse á Universidade de Londres, que lle concedeu un título de licenciada en ciencias en 1881. Do mesmo xeito, Mary Engle Pennington (1872-1952), química e enxeñeira de refrixeración estadounidense, completou os requisitos para obter unha licenciatura en química na Universidade de Pensilvania en 1892, pero no seu lugar recibiu un certificado de aptitude.

Elizabeth Bragg e Julia Morgan convertéronse nas primeiras mulleres en recibir unha licenciatura en enxeñaría, pola Universidade de California, Berkeley - EE.UU., en enxeñaría civil en 1876 e 1894 respectivamente. No mesmo ano que Julia Morgan, Bertha Lamme tamén graduouse na Universidade Estatal de Ohio en enxeñaría mecánica. Rita de Morais Sarmento (1872-1931) foi a primeira muller en obter un título de Enxeñaría en Europa. Matriculouse na Academia Politécnica de Porto para estudar enxeñaría Civil e de Obras Públicas, que concluíu con varias distincións en 1894. Dous anos máis tarde, concedéuselle o "Certificado de aptitude de Enxeñaría Civil" para exercer como enxeñeira profesional, a pesar de que nunca o faría, o que significa que foi a primeira muller enxeñeira europea formal e plenamente recoñecida. Outras mulleres na enxeñaría no mesmo período de tempo inclúen tres mulleres danesas: Agnes Klingberg, Betzy Meyer e Julie Arenholt, que se graduou de 1897 a 1901, no Polyteknisk Læreanstalt, hoxe coñecido como a Danmarks Tekniske Universitet.

As mulleres sen títulos formais de enxeñaría tamén foron parte integral das grandes fazañas da enxeñaría civil do século XIX. Emily Warren Roebling é recoñecida por dirixir a construción da Ponte de Brooklyn, e foi a primeira persoa en cruzar a ponte na súa cerimonia de apertura en 1883. O esposo de Roebling, Washington Roebling, traballou como enxeñeiro xefe do proxecto da Ponte de Brooklyn ata que se enfermou da enfermidade de descompresión. Tras a enfermidade do seu marido, Emily Warren Roebling asumiu as tarefas do seu marido no lugar do proxecto, e ensinouse a si mesma sobre as propiedades dos materiais, a construción de cables, o cálculo das curvas das catenarias e outros temas.

Século XX: entrada a programas de enxeñaría miniatura|Pilar Careaga, primeira muller enxeñeira en España Nos primeiros anos do século XX, algunhas mulleres foron admitidas en programas de enxeñaría, pero xeralmente eran vistas como curiosidades polos seus homólogos masculinos.

O 27 de xullo de 1904, Maria Elisabeth Bes graduouse en enxeñería química na Polytechische School che Delft, converténdose na primeira muller enxeñeira graduada nos Países Baixos. En 1906, Anna Boyksen converteuse na primeira muller estudante de enxeñería na Technische Hochschule München (Alemaña).

Nora Stanton Blatch Barney (1883-1971), filla de Harriot Stanton Blatch e neta de Elizabeth Cady Stanton, foi a primeira muller en recibir un título en enxeñaría civil da Universidade de Cornell en 1905. Ese mesmo ano foi aceptada como membro júnior da Sociedade Americana de Enxeñeiros Civís (ASCE); con todo, doce anos máis tarde, despois de traballar como enxeñeira, arquitecta e inspectora de enxeñaría, a súa solicitude de ascenso a membro asociado foi denegada. Olive Dennis (1885-1957), que se converteu na segunda muller que se graduou en Cornell cun título de enxeñaría civil en 1920, foi contratada inicialmente polo Baltimore and Ohio Railroad como debuxante; con todo, máis tarde converteuse na primeira persoa que reclamou o título de Enxeñeiro de Servizo cando este título foi creado.

Cleone Benest aprobou o exame de enxeñaría de motores do Instituto da Cidade e os Gremios de Londres, o exame mecánico do Real Club Automobilístico en 1908 e o exame de motores térmicos do Colexio Municipal de Portsmouth en 1910. Usando o nome profesional de C. Griff, uniuse a varias organizacións de enxeñaría e estableceu un negocio de consultoría en Mayfair. Alice Perry é unha das primeiros enxeñeiras formalmente recoñecidos en Europa, graduadas cun grao en enxeñaría en 1908 polo Queen's College, Galway. En 1908, Emma Strada foi a primeira muller graduada en enxeñería en Italia, quedando terceira de 62 na súa clase. Elisa Leonida Zamfirescu (1887-1973), debido aos prexuízos contra a muller nas ciencias, foi rexeitada pola Escola de Pontes e Camiños de Bucarest, Romanía. Con todo, en 1909, foi aceptada na Real Academia de Tecnoloxía de Berlín. Graduouse na universidade en 1912, cun título en enxeñaría, especializada en química, converténdose posiblemente nunha das primeiras mulleres enxeñeiras do mundo.