Peter Martin Hoekstra, nado en Assen o 4 de abril de 1973, é un exfutbolista neerlandés que xogaba de extremo esquerdo.

Traxectoria profesional Hoekstra comezou a xogar no PSV Eindhoven, onde xogou durante 5 anos, xogando máis de 100 partidos. En 1996 fichou polo AFC Ajax a cambio de 2 millóns de libras, como substitución de Marc Overmars. A súa etapa no Ajax estivo marcada polas lesións, e en 1999 foi cedido á SD Compostela durante unha tempada. A tempada seguinte foi cedido ó FC Groningen.

En agosto de 2001, Hoekstra asinou co Stoke City FC inglés. En maio de 2004, con tan só 31 anos, Hoekstra tivo que retirarse polos continuos problemas coas lesións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Soccerbase.com

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Drenthe Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do PSV Eindhoven Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do FC Groningen Categoría:Xogadores do Stoke City FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos