Javier Perea Rodríguez, nado na Barbantes (Punxín) o 31 de xullo de 1932 e finado en Ourense o 4 de agosto de 1999, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fixo o bacharelato no Colexio Isabel la Católica do Carballiño e no Cardenal Cisneros de Ourense. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e tamén obtivo o título de Graduado social. Foi nomeado alcalde do Carballiño en outubro de 1966.El Pueblo Gallego, 6-10-1966, p. 17. Foi deputado provincial e vicepresidente da deputación de Ourense. Presentouse como candidato a procurador en Cortes polo terzo de cabezas de familia en 1967,La Noche, 26-9-1967, p. 8. pero non foi elixido.La Noche, 11-10-1967, p. 5. En 1971 foi elixido procurador en Cortes como representante dos concellos de Ourense. Permaneu como alcalde até febreiro de 1977, cando abandonou o cargo para presentarse ao Senado nas primeiras eleccións democráticas. Finou en Ourense o 4 de agosto de 1999.La Voz de Galicia, Ourense, 5-8-1999, p. 56.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Punxín Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Punxín Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes