miniatura| Escudo de Odón IV de Borgoña, usando as armas do seu tío Odón de Nevers. Odón IV de Borgoña-ducadoBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. e Odón I de Borgoña-condado, nado en 1295 e finado en Sens en 1350, foi duque de Borgoña (1315 - 1349) por dereito propio e conde de Borgoña e Artois (1330 - 1347) por dereito da súa muller.
Traxectoria
Orixes familiares Fillo do duque Roberto II de Borgoña e Inés de Francia, por liña paterna era neto de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux, e por liña materna de Lois IX de Francia e Margarida da Provenza. Era irmán do duque Hugo V de Borgoña, ao que sucedeu.
Matrimonios e descendencia Casou o 18 de xuño de 1318 en Nogent-sur-Seine coa condesa Xoana III de Borgoña, filla do rei Filipe V de Francia e da súa muller Xoana II de Borgoña. Desta unión naceron:
un fillo morto (1322). o infante Filipe de Borgoña (1323 - 1346), pai do duque Filipe I de Borgoña. o infante Xoán de Borgoña (1325 - 1328). un fillo morto (1327). un fillo morto (1330). un fillo morto (1335).
Ducado de Borgoña A morte do seu irmán máis vello en 1315 fíxoo herdeiro do Ducado de Borgoña.
Á morte do rei Lois X de Francia e do seu sucesor, Xoán I de Francia, apoiou as reivindicacións da filla do rei, Xoana de Francia, e sobriña do propio Odón IV, ao trono francés. Despois retirou o apoio á súa sobriña para poder casar coa filla do rei francés.
En xullo de 1346 puxo a Jean de Vienne e Enguerrand de Beaulo ao mando de Calais, ata que o 14 de agosto chegou Jean de Fosseux para asumir o mando da cidadela Jonathan Sumption, The Hundred Years War: Trial by battle, p.537, que finalmente caeu en mans inglesas o 3 de agosto de 1347.
Morte Odón IV de Borgoña faleceu en Sens o 3 de abril de 1350 e foi enterrado en Cîteaux. Debido á prematura morte do seu fillo, Filipe de Borgoña, sucedeuno o seu neto Filipe I de Borgoña.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Condes de Artois Categoría:Duques de Borgoña Categoría:Nados en 1295 Categoría:Condes de Borgoña Categoría:Finados en 1350