Jack David Fischer, nado en Louisville (Colorado) o 23 de xaneiro de 1974, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz MS-04 e das expedicións 51 e 52 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Fischer graduouse en enxeñería astronáutica na Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en Colorado en 1996. É máster en astronáutica e aeronáutica polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1998.

Foi seleccionado pola NASA como astronauta en xullo de 2009, participando na misión Soiuz MS-04 nas Expedicións 51 e 52 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 135,76 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz MS-04 Expedición 51 Expedición 52

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Colorado