William Frederick Fisher, nado en Dallas (Texas) o 1 de abril de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-51-I. Está casado coa tamén astronauta Anna Lee Fisher.
Traxectoria Fisher graduouse pola Universidade Stanford en 1968. Ten un doutoramento en medicina pola Universidade de Florida en 1975.
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en maio de 1980, participando na misión STS-51-I en 1985. Pasou un total de 7,10 días no espazo. Retirouse da NASA en 1991.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-I
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Texas Categoría:Alumnos da Universidade Stanford