Guadalupe Sabio Buzo, nada en Badaxoz o 4 de xuño de 1977, é unha científica e profesora española, directora dun grupo de investigación no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC) do Instituto Carlos III de Madrid.

Traxectoria Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Estremadura con Premio Extraordinario, en 2005 conseguiu o Doutoramento Europeo do Medical Reserch Council. Foi aceptada no grupo de Roger Davis, no Instituto Médico Howard Hughes da Universidade de Massachusetts pola súa investigación sobre as proteínas quinasas do estrés. Foi recoñecida pola Fundación L'Oréal-Unesco polo seu estudo sobre a obesidade e a súa relación co cancro de fígado e a diabetes e recibiu o Premio Príncipe de Xirona en Ciencia e Academia. Polo seu labor a favor dos dereitos da muller foille outorgado o premio Estrella da Comunidade de Madrid. Foi investigadora no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC.

A súa liña principal de investigación é o papel das quinasas activadas polo estrés no desenvolvemento de enfermidades asociadas á obesidade como enfermidades cardiovasculares, diabetes e o cancro hepático.

Premios e recoñecementos Premio Fundación Princesa de Xirona de Investigación Científica (2012) Bolsa de investigación L'Oréal-Unesco 'Polas Mulleres na Ciencia' (2009) Premio Estrella da Comunidade de Madrid (2014) Premio Novo Investigador SEBBM-Biotools (2016) Elixida unha das Top100 Mulleres Líderes (2014, 2015 e 2017) Seleccionada como EMBO Young Investigator (2017-) Premio á Investigación Fundación Jesús Serra (2018) Premio Novos Investigadores da Fundación AstraZeneca (2018) Membro do Comité Científico Asesor da Fundación Gadea Ciencia (2019-) Premio Mulleres a Seguir na categoría de Ciencia (2019)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Guadalupe Sabio Laboratory 

Categoría:Alumnos da Universidade de Estremadura Categoría:Científicos de España Categoría:Nados en Badaxoz Categoría:Nados en 1977