María Antonia Blasco Marhuenda, nada en Alacant en 1965, coñecida como María Blasco, é unha bióloga española especializada nos telómeros e a telomerasa. Desde o ano 2011 dirixe en España o Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO).La investigadora María Blasco sustituye a Barbacid al frente del CNIO, 22/6/2011 - El PaísLa bióloga María Blasco, la 'madre' de un superratón que vive el equivalente a 120 años humanos, dirige un centro de vanguardia contra el cáncer, el CNIO, 20/8/2011, Público.

Traxectoria Licenciouse, no ano 1988, en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid e obtivo o doutoramento en 1993 en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola mesma universidade baixo a dirección de Margarita Salgas Falgueras, do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (UAM-CSIC), en Madrid. Ese mesmo ano trasladouse para ocupar un posto como investigadora posdoutoral no laboratorio da Dra. Carol Greider no Cold Spring Harbor Laboratory de Nova York, onde estivo até o ano 1997 en que comezou a súa andaina como xefa de grupo e científica do CSIC no Departamento de Inmunoloxía e Oncoloxía do Centro Nacional de Biotecnología (CSIC), Madrid.María Blasco, directora del Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), Premio Antiguos Alumnos 2011 , noticias UAM, 25/11/2011. Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas En 2003 incorporouse ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), entón baixo a dirección do doutor Mariano Barbacid, como responsable do Grupo de Telómeros e Telomerasa e, até 2011, como Directora do Programa de Oncoloxía Molecular. De 2005 a 2011 foi Vicedirectora de Investigación Básica. Desde o 22 de xuño de 2011 dirixe o CNIO, unha institución de preto de cincocentas persoas.

O 29 de xaneiro de 2025 foi destituída do seu cargo de directora científica polo Padroado do CNIO, xunto ao xerente da institución, Juan Arroyo Muñoz. En novembro de 2025, revelouse que o exgerente, Juan Arroyo, puido desviar máis de 20 millóns de euros a unha rede de empresas do seu círculo. Blasco asegura que desde que foi nomeada directora científica, tanto os gobernos do PSOE e o PP prometen a substitución de xerente ata que en 2022 pediu por carta ao padroado a súa destitución. Neste momento a polémica afecta a Mariano Barbacid, quen tras ser relacionado coa trama de corrupción denuncia unha campaña de desprestixio.

Life Length - Ensaio de envellecemento María Blasco é fundadora da empresa de biotecnoloxía Life Length xunto coa Fundación Marcelino Botín e a consultora Matlin Associates. Life Length, creada en setembro de 2010, é a empresa encargada de explotar comercialmente, baixo licenza cedida polo CNIO, a tecnoloxía que permite coñecer a lonxitude dos telómeros e a previsión de división celular e por tanto a expectativa de vida -esperanza de vida individual- segundo esas variables.¿Quiere saber cuánto le queda?. Un test desarrollado por la científica María Blasco se postula para medir la 'edad biológica', 31/7/2011, El País.

Finalmente, o 29 de xaneiro de 2025 foi destituída do seu cargo polo Padroado do CNIO, xunto ao xerente da institución, Juan Arroyo Muñoz.

Obras 2016 - María A. Blasco e Mónica G. Salomone, Morir joven a los 140. Paidós- Planeta. ISBN 9788449332067 2011 - María A. Blasco e Julio Pérez Díaz, Envejecimiento. Los libros de la Catarata, colección Debates Científicos. ISBN 978-84-8319-617-5Ficha do libro de María Antonia Blasco Marhuenda e Julio Pérez Díaz, Envejecimiento, ISBN 978-84-8319-617-5, en Editorial Los libros de la Catarata.

Premios e recoñecementos Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre eles:

2004 - Premio medalla de ouro EMBO (European Molecular Biology Organization) Heidelberg The 2004 winner of the EMBO Gold Medal is María Blasco, en embo.org 2007 - Premio Rei Xaime I á Investigación Básica. 2016 - Premio Mujeres a Seguir 2016, na categoría Premio Especial á Excelencia á divulgación científica 2017 - Distinción da Generalitat Valenciana ao Mérito Científico

Outros En 2014 foi seleccionada pola revista Quo, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas e o Consello Superior de Deportes, para a primeira «Selección Española da Ciencia», composta por trece científicos españois destacados a escala internacional.Ferrer, Aurora (2014). «Golazo de la selección española de ciencia en su primer partido ». Quo, 29 de maio de 2014 (Consultado o 31 de maio de 2014)Corral, Miguel, G. (2014) «Los 'cracks' de la Roja científica». El Mundo, 30 de maio de 2014 (Consultado o 31 de maio de 2014) En 2018 foi incluída en La Tabla Periódica de las científicas para conmemorar no 2019 o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos, por celebrarse o 150º aniversario da publicación de Mendeléyev. En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Currículo de María Blasco (en inglés) Camino a la inmortalidad, documental RTVE, coa participación de María Blasco (en castelán) ¿Por qué tan pocas? María Blasco Marhuenda

Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Científicos de España Categoría:Biólogos de España Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Alacant Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia